domingo, 29 de septiembre de 2013

"As estrelas do libro" volven facer a súa aparición pola biblioteca. Podes atopalas alí tódolos xoves no recreo. Se queres compartir con elas momentos de lecer, apúntate nun dos dous grupos. Os libros que estamos a ler son:
 1º grupo: O misterio das badaladas (X. P. Docampo)
 2º grupo: Campos de fresas (Jordi Sierra i Fabra)

Como moderadoras do club, contamos coa colaboración de Ángela e Nuria, de 4º ESO. ¡Moito ánimo, rapazas!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

PÁSATE POLA BIBLIOTECA, HOXE NO RECREO, PARA BOTAR UN VISTAZO NA FEIRA DO LIBRO. QUEN SABE! QUIZÁS POIDAS ATOPAR AQUEL LIBRO QUE ANDABAS BUSCANDO. Non fai falta nin carné de biblioteca, nin vales, ni cartos… Nada de nada! Soamente ganas de ler e de levar un libro para a casa totalmente de balde.
ESTE XOVES DÍA 19 IMOS REUNIRNOS NA BIBLIOTECA. TODOS AQUELES QUE QUEIRADES PARTICIPAR NO CLUB DE LECTURA, ACHEGÁDEVOS NA HORA DO RECREO ATA A BIBLIOTECA. ANIMÁDEVOS!!