miércoles, 12 de marzo de 2014

Xa temos este libro á vosa disposición na biblioteca. Está moi recomendado... ¿Atréveste a ser o primeiro en darnos a súa opinión ó respecto?
O autor viaxa pola súa costa natal na busca de resposta á pregunta que titula este libro. Polo camiño atópase con historias de espías e de naufraxios, crónicas políticas, retratos de asesinos en serie, misterios do pasado e ata fazañas bélicas. Tamén conversa con outros que, coma el, converteron a observación das aves nunha forma de vida... O resultado é unha celebración de canto nos aporta a Natureza salvaxe, e un recordatorio do moito que perdemos ó renunciar a ela.