sábado, 17 de octubre de 2015

Seguimos a voltas con Santiago Lopo. Desta vez, da man de "Peaxes"

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.

jueves, 8 de octubre de 2015

Santiago Lopo bríndanos a súa ficción...

 Un profesor universitario recibe como agasallo un xogo de ordenador chamado Parallel City. Aos poucos, o xogo absórbeo e a súa vida cotiá comeza a padecer as consecuencias...

Queres saber que máis acontece? 
Pois entón non dubides en facerte cun exemplar e navegar polas súas páxinas...
Quen é Santiago Lopo?
Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para a televisión. Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Desde el 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traduccións.