Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, serán @s dragaliñ@s que participen nesta mítica aventura por terras galegas.