lunes, 16 de enero de 2017

La apuesta

Da man de John Boyne, despois de varios anos volvemos coa lectura da súa breve novela que de momento, e novamente, está a ser do agrado do alumnado.

Grupo: 3º ESO
Lingua: castelán
Profesora: Rosa
Día: xoves

"Reading and Creating Poetry"

A profesora de inglés, Victoria, está a levar a cabo unha actividade consistente na lectura e posterior creación poética en lingua inglesa co alumnado de 1º ESO. 
Pronto se publicará algunha composición.

Conexiones, de Elizabeth Stewart

O alumnado de 4º ESO está lendo esta novela tan chea de conexións. Son tres as protagonistas, que, desde tres continentes distintos, e pertencendo a tres culturas e a tres mundos ben distintos, manteñen unha conexión que nos fará reflexionar a todos nós como personas occidentais, tan alleas ás vivencias que moita xente pode sufrir mentras nós gozamos dunha vida plena.

Profesora do departamento de lingua castelá: Rosa 
Lingua: castelán
Día: luns

Ledicia Costas visita o noso instituto

O xoves 15 de decembro a escritora Ledicia Costas visitounos na nosa biblioteca para compartir con todos a súa experiencia literaria. Resultaron bastante divertidas as súas anécdotas, que tan ligadas estaban ás figuras de Esmeraldina e máis de Escarlatina.