jueves, 23 de abril de 2026

23 de abril

Hoxe vivimos unha xornada fantástica coa participación do alumnado do centro e de 5º e 6º do CEIP de Tenorio. Libros que cambian de mans… e moitas ganas de ler!

📸 Pasa polas nosas redes para ver as fotos… igual saes ti!

E mentres aquí os libros voaban de man en man… poida que polas alturas tamén houbese movemento. Es quen de imaxinar a Rosalía e dona Emilia camiño dunha feira nas nubes? Ou a Shakespeare e Cervantes no bar Obélix tentando decidir quen conta mellor as vidas alleas… (sen acordo, claro 😏)? Quizais Castelao e Lorca discutindo se a chuvia en Galicia é clima ou poesía…

E, ao fondo, don Gonzalo Torrente Ballester dándolle unha volta a Los gozos y las sombras: en Pueblanueva, o poder xa non só se move nos pazos… tamén en X e no Instagram, entre rumores e segredos dixitais.

Porque cando os libros se moven… o mundo tamén se pon a contar historias. 📚✨

 


 

miércoles, 15 de abril de 2026

FEIRA DE TROCO DE LIBROS

 


Tes libros na casa collendo po e mirando para ti con cara de “leme outra vez”? 😏 Pois chegou o seu momento!


No IES de Cotobade celebramos a xa tradicional Feira de Troco de libros: trae os que xa liches (ou os que quedaron a medias… non pasa nada 😉) e leva vales por cada un. O día 23 de abril poderás trocar eses vales por novas historias que che fagan tilín ou tolón.


E ollo! Tamén está convidada a rapazada de 5º e 6º de EP do CEIP de Tenorio, que poderán vir co seu botín de vales a facer boas escollas.


📖 Aquí non se tira nada: recíclanse historias, cámbianse aventuras e gañan todos.


Veña, anímate… que igual atopas ese libro que non sabías que estabas agardando! 😉

domingo, 12 de abril de 2026

Modo aventura activado: As Estrelas do Libro na Cómic-Con de Moaña

As Estrelas do Libro activamos modo aventura o pasado venres: 15 estrelas (nivel épico), acompañadas por Bea, Javier e Patri, xunto cos nosos nakamas do IES de Poio, desembarcamos na Cómic-Con Moaña.

Foi un auténtico arc de diversión: participamos en Heroe ou vilán (algúns con máis aura de protagonista… e outros claramente viláns 😏), puxemos a proba o noso HP cun ramen que picaba como ataque especial pero curaba o espírito, e deixamos o noso fan art no concurso de debuxo.

Subimos de nivel en lingua aprendendo palabras en xaponés (hai quen xa quería facer timeskip cara á EOI), exploramos videoxogos e simuladores 3D como se fose un isekai, e volvemos con loot en forma de manga e merchandising.

Houbo tamén cosplay digno de opening e algunha batalla “a palazos” no palco da música (modo training, sen dano real, tranquilos 😅).

Conclusión do capítulo: risas, compañeirismo e enerxía ao máximo. Misión completada. E xa avisamos: o próximo ano… continuará. 🎌✨

jueves, 2 de abril de 2026

2 de abril, Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil

“Un libro aberto é un cerebro que fala;

pechado, un amigo que espera;

esquecido, unha alma que perdoa;

destruído, un corazón que chora.”

Na Biblioteca “Nélida Piñón” do IES de Cotobade temos os libros enfeitados agardando por ti… anímaste a pedirlle saír?



viernes, 27 de marzo de 2026

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

 — ¡Silencio!

En ocho años que dure el luto no ha de entrar en esta casa el viento de la calle.
Haced cuenta que hemos tapiado con ladrillos puertas y ventanas.
Así pasó en casa de mi padre y en casa de mi abuelo.
Mientras, podéis empezar a bordar el ajuar.

(Pausa)

Y tú no has de levantar la voz más que yo.





Unha casa pechada. Oito anos. Silencio imposto.
Que está a pasar realmente detrás desas portas? 👀

Se queres descubrir os segredos, as tensións e todo o que non se pode dicir en voz alta… esta obra está agardando por ti na biblioteca. 🎭📚

martes, 17 de marzo de 2026

📢 Próxima parada: ComicCon de Moaña! 🚌✨

Temos unha noticia que nos fai saltar as páxinas! O noso Club de Manga está preparando as mochilas porque o vindeiro 10 de abril imos vivir unha xornada épica.

Pero non imos sós... A amizade e a superación son valores clave en calquera bo Shonen, así que decidimos unir forzas! Iremos acompañados polo Club de Manga do IES de Poio, para compartir esta experiencia con máis xente que fala o noso mesmo idioma: o das viñetas e o cosplay.

📍 Que faremos en Moaña?

Estamos moi ilusionados por poder gozar de:

  • Encontros con autores e artistas.

  • Obradoiros e actividades arredor do mundo do cómic e a cultura xaponesa.

  • Postos de merchandising onde seguro atoparemos algunha xoia para as nosas coleccións.

  • E, sobre todo, moitas risas e bo ambiente entre amigos.

"A amizade é un ingrediente máis importante que o talento." — Naruto Uzumaki

Prometemos traer a cámara cargada para contarvos todo á volta e ensinarvos as mellores fotos do evento. Se nos vedes polos corredores con cara de emoción estes días... xa sabedes por que é!




Tes algunha recomendación de algo que non debamos perder na ComicCon? Déixanos un comentario! 👇