A historia xira en torno a Valeria Oriol, unha xove que se ve obrigada a cambiar de lugar de residencia en compañía da súa nai recén separada. Valeria vai vivir a unha vila dos Pirineos encantador, fermoso, no que todo o mundo se leva bien...demasiado bien...
A lucense Marta Rivera de la Cruz escribiu unha novela que te atrapa desde o primeiro momento, e resultaráche difícil deixala.
O ritmo narrativo é áxil, a tensión está moi ben dosificada, con momentos de clímax, seguidos de pequenos respiros que te levan de novo á acción. Como a mesma autora recoñeceu, pódese percibir un grande influxo da novela policiaca tradicional, na que o misterio está dosificado de tal xeito que fai que o lector se interese e faga as súas propias reflexións.