lunes, 22 de junio de 2020

Hora de recollerse


Estamos acostumados ás historias en tres actos: presentación, nó e desenlace. Mais, desta vez, alguén baixou o telón a destempo. E, dalgún xeito, quedamos coa man estendida coma o neno que agarda que lle dean lambonadas porque é o seguinte na fila. Pero, non. 


Así, pois, coa debida distancia, o Club de Lectura despídese virtualmente ata setembro das súas pequenas estrelas, agardando volver velas orbitar arredor dalgún libro de contado. 

E, en canto ás nosas estrelas máis veteranas -Erika, Judith, Andrea e Ángela-, que hoxe deixades esta galaxia, só nos queda desexarvos boa viaxe e que a lectura vos acompañe!






viernes, 12 de junio de 2020

Recomendando

A nosa veterana estrela Judith Ángel deixounos unha proposta de lectura para o verán. E parece que se adapta ben a calquera ambiente, tanto interior, como exterior (falamos do libro). Querse dicir que é como a planta de aloe vera, que se pode ter fóra ou dentro da casa; e, o mellor de todo, é que ten poderes curativos. 

Di así:
Heridas con alas, de Erin Stewart


Sinopsis:

Ava despierta de un coma después de dos meses. Su vida ha dado un vuelco de 180º tras el incendio de su casa. Sus padres ya no están; su prima, tampoco.
Se encuentra asustada. Tiene un nuevo aspecto y no sabe cómo retomar su vida.
Conoce a Piper; y ambas buscarán juntas el significado de la palabra “normal”.


Opinión personal:

Este libro narra la lucha de una adolescente por sobrevivir y reencontrarse. Consigue que nos metamos en su piel, experimentando su su dolor, y percibiendo cómo la gente la mira


Judith A.A.

Graciñas, Judith, pola luz que irradiaches a este Club.

martes, 19 de mayo de 2020

Poida... que precise un dicionario



Poida que haxa quen diga que non é cool.
Poida que non ocupe o prime time na televisión en aberto nin forme parte do catálogo de Netflix.
Poida que sexan poucos os que confesan abertamente este hobby.
Poida que medre o número dos que rexouban con iniquidade e prognostican a súa morte. 
 
Poida...

Mais, a esta lexión de estrelas non lle importa ir a contracorrente; pois sabe que mentras haxa no mundo primavera, haberá poesía!


E aquí vos deixo unha mostra para incrédulos: Poemario






domingo, 17 de mayo de 2020

Facendo memoria


Xa pasou un ano.

Hoxe erguinme nostálxica e púxenme a ver álbumes antigos. Bueno, en realidade, non tanto. Esta corentena fíxonos perder a noción do tempo. Ou poida que me estea a facer maior... En calquera caso boto en falta as cousas que faciamos antes no Salón de Actos ateigado: os nervios, as carreiras, os aplausos, as risas...

Sucede que neste recuncho de Galicia as cousas sempre se fixeron dunha maneira sui generis. Lémbrome dunha curiosa...

Petición de man en Cotobade 

Aínda que non é a única cousa que se fai de maneira particular nestas terras. Velaquí unha pequena mostra:

Loitando


Finalistas do Primeiro Certame de Podscasts Xosé Mosquera


Honrando a San Antón Fraguas 

 Feliz Día das Letras Galegas 2020!




miércoles, 13 de mayo de 2020

Reto conseguido



Os nosos amigos da Asociación Xoán XXIII convidáronnos a facer a lectura dun conto co gallo da celebración do Día do Libro.

Así que as nosas Estrelas máis novas (Alicia, Marcos, Candela, Verónica, Nicolás e Rubén) se puxeron mans á obra. E velaquí o que fixeron:



Reto Día do Libro. Asociación Xoán XXIII

 

domingo, 26 de abril de 2020

RESOLUCIÓN I CONCURSO DE MICRORRELATOS E POEMAS DA CORENTENA

Debido ao empate que se produciu, o xurado deste certame declara gañadores aos cinco participantes:
  • Abi, creadora do poema "No valoré lo suficiente"
  • Nube, creadora de "A nova era" 
  • Majft, creador de "Este coronavirus"
  • Eu son Eu, creadora de "Coma os animaliños" 
  • Apoba, creadora do microrrelato "Claudia"
A entrega dos premios realizarase cando nos incorporemos ao Centro. 

Vai tamén a nosa gratitude a Saudade e Peste Negra polos seus textos.

Noraboa a todos!

 
 

jueves, 23 de abril de 2020

FÓRA DE CONCURSO: Microrrelato nº 2: Illado, de Peste Negra



Illado 
  
Abriu os ollos. Todo estaba escuro. Decatouse que estaba tendido. Cheiraba a 
desinfectante. Incorporouse e prendeu a luz. Lembraba onde estaba. Illado naquel 
cuarto, sen poder saír, onde unicamente dúas veces cada día tiña contacto co exterior. 
Cando lle pasaban a comida e cando o médico lle facía o exame clínico. Un exame a 
distancia. Febre? Tómese a temperatura. Dor de cabeza? Tos? Nada máis. 
Non sabía cantos días levaba alí. Perdera o sentido do tempo. Sabía que tiña 
que pasar a corentena, pero cada vez levábao peor. Durmía cada vez máis axitado, 
con pesadelos reiterados. O máis común era que enfermaba, empezaban os síntomas, 
cada vez máis grave, e deixábano morrer naquela prisión aséptica. 
Tranquilizouse. Non podía deixarse levar polo desánimo. Sentiu abrir a porta. 
Un home de bata branca entrou sorrindo: 
- Rematou a corentena. Benvido á Terra, señor Neil Amstrong. Que tal pola Lúa? 

Peste Negra

Microrrelato nº 1: Claudia, de Apoba

Claudia

Claudia era unha nena moi guapa e amable pero non se lle daban ben os estudos. Seus pais sempre lle andaban a dicir que tiña que esforzarse e sacar un 6 como mínimo, pero ela non se concentraba, intentábao pero nunca o conseguía. Seus pais, fartos de que súa filla non se aplicara máis, comezaron a castigala porque pensaban que así comezaría a esforzarse de verdade. Claudia ao ir a súa cama pola noite sentíase fatal. De repente, seus pais comezaron a rifarlle e dixéronlle que iban a mandala a un internado. Ela pasaba os días angustiada, pero seus pais dicíanlle que xa non había volta atrás. O día da marcha de Claudia foina buscar un taxi, pero á vez que o taxista cargaba o equipaxe, aparcou outro coche do que baixou unha nena. Deulle un bico aos pais de Claudia, e estes invitáronna a entrar na casa. Despois eles dixeronlle a Claudia que desde ese día xa non sería a súa filla e ela votouse a chorar. De repente espertou.Todo fóra un soño!!!

Apoba

FÓRA DE CONCURSO: Poema nº 5: Covid 19, de Saudade

Covid-19

Desde a China, en Wuhan,
saíches con moita euforia,
espallando a infección,
cambiando o fío da historia.

De forma inesperada,
non fuches convidado, 
chegando a nosa vida
e todo o mundo alarmado!

Oh virus, coronavirus!
o mundo puxeches en xaque,
sanitarios e outros profesionais
arriscan a vida no teu combate.

Rapaces sen ir á escola,
na casa teñen que estar,
traballando de outra guisa
para repasar e mellorar.

As novas tecnoloxías
teremos que dominar, 
imponse o teletraballo
baixo illamento social.



Separas amigos, illas familias.
Cidades baleiras, rúas sen vida.
O tempo avanza, non paras,
e a morte solitaria propagas.


Si, certamente tes poder,
pese a que non eres grande,
ansiamos esa vacina, si,
máis pronto que tarde.

Ousado axente patóxeno!
provocaches brutal pandemia,
crise sanitaria, económica …
e todos en cuarentena!
Saudade



Poema nº 4: Coma os animaliños, de Eu son Eu

Coma os animaliños
Estamos coma os caracois
sen poder saír da casa,
coma paxaros
sen poder saír da xaula.

Somos caracolas
todos na casiña
sin poder vernos
xa temos morriña.

Parecemos cangrexos
andando para atrás,
somos berberechos
sempre no sofá.

Xa queda menos,
estamos todos unidos,
podremos vernos
e recuperar momentos perdidos.      
            
       Eu son Eu

Poema nº 3: Este coronavirus, de Majft

Este coronavirus...

Neste tempo de confinamento 
levo na casa moito tempo
pode conmigo o aburrimento
desesperándome en todo momento.

Que pena que non podamos saír 
pero tranquilos, o coronavirus vai fuxir
e nós cos amigos poderémosnos divertir.

Estou moi preocupado,
polo mundo contaxiado,
e tamén polos amigos,
dos que estamos separados.

Se esto non remata,
acabará sendo unha lata,
queremos que todo pase,
para que o mundo non se atrase!




  Majtf

Poema nº 2: A nova era, de Nube

A nova era

Toleando entre paredes
valorando o que esquecen 
cos pensamentos nos aires 
  en gaiolas enlouquecen.

Nunha pandemia encontrámonos
sen poder fuxir,
en confinamento estamos 
sen poder ás clases asistir

Con deberes de abondo
logo esgotados rematamos 
a intelixencia agromando 
e en agonías atopámonos. 

 Rapaciños e vellos enfermando
os recursos esgotados
toda a xente acordando
as oito cos aplausos.
Nube

Poema nº 1: No valoré lo suficiente..., por Abi

No valoré lo suficiente…
No valoré lo suficiente a mis amigos
No valoré lo suficiente las fiestas
No valoré lo suficiente aquellos domingos
No valoré lo suficiente las risas
No valoré todo aquello, 
Aquello que pensé que estaría siempre
Y ahora me doy cuenta de todo
De todo lo que me hace falta,
Y ahora sé lo que es echar de menos.
Abi

ESE AMIGO...

Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora.
Proverbio hindú


FELIZ DÍA DO LIBRO





O confinamento non vai ser un obstáculo. 
Aquí che van algunhas propostas:




Visita a casa de don Miguel de Cervantes 

 Recétoche un libro?

Recetas para aprender a escribir ou editar un libro 

 Libros gratis na internet

Máis libros gratis na internet 


Feliz Día do Libro!