O amor ole coma as galletas de canela
O amor soa ó bater das ondas do mar nunha noite de verán
O amor é delicado coma os pétalos das flores e esponxoso
coma o biscoito.
O amor é doce coma as gominotas e saboroso coma o chocolate
desfacéndose na boca
Carla Rey Suárez
Amor, amor…
Ole a pan recén feito
No queimar da madeira
Amor, amor…
Óese ao lonxe, como un eco,
Nun regato que quere abrirse paso.
Amor, amor…
Seu tácto é estremecedor
Recolle o corazón
E méceo con paixón.
Amor, amor…
Ten un grato sabor
Doce e consolador
Con el sácase as penas e a dor
Irene González Ferreiro
O amor cheira a rosas
Recén nacidas na primavera.
O son do amor
É como un murmullo apaixonado
Que che di o teu amado.
O tacto do amor
É tan, tan suave,
Que mesmo parece
O dunha flor.
O sabor do amor
É como o dunha piruleta
Entregada,
De forma apaixoada.
Cristina Gómez Gómez
O amor cheira coma un campo de herba cuxo olor vai voando ata chegar aos pulmóns.
O son do amor relaxa, é coma unha noite de chuvia ou as
ondas do mar.
Tocar o amor sería coma tocar algodón, un tacto suave á vez
que lixeiro.
O amor sabe coma unha tira de chocolate doce se che
corresponde, ou coma beber un vaso de ácido vinagre se non che corresponde.
Lidia Martínez
O amor desprende un olor a rosas,
e todas esas flores fermosas.
Eses pequenos paxariños, que pían
nas tardiñas do verán soan a amor.
Tocar o amor é coma sentirte no
aire tocando un anaquiño de ceo, ou estar mergullado nun mar de auga doce, ou
cando te deitas na area, sentindo os raios do sol na fronte.
Sabe a eses doces, que ó
principio te enriquecen e ó chegar un certo tempo acaban amargando.
Fátima Albariño
O amor á coma unha rosa moi
delicada.
O amor é coma unha bonita melodía
que non deixa de soar.
O amor é coma unha tea de veludo.
O amor é coma un bombón.
O amor é coma unha pomba que voa
polo ceo.
Lis Vallori Cerqueira
O olor do amor é como o das
rosas, o da chuvia ó caer nun día de verán.
O son do amor é algo que non te
esperas, como a música que máis che gusta.
O tacto do amor dáche desprevenido,
cando ti menos o esperas.
O sabor do amor é un sabor
marabilloso, coma o azucre das gominotas e os caramelos.
Miguel Novoa Cuiñas
O olor do amor é como a vainilla.
Soa como as ondas rompendo na
praia.
Ten un tacto suave coma a seda e
sabe a bicos de gominota.
Tania Bugallo
O olor do amor é como o olor dun
campo de lavanda.
O son do amor é o son do mar nunha tarde de outono.
O tacto do amor é suave como as nubes de algodón.
O sabor do amor é doce como o sabor do chocolate.
María Alonso Laredo
O olor do amor é como o olor do
chocolate.
O son do amor é como o son que
fai o mar cando está tranquilo.
O tacto do amor é como tocar
veludo e un peluche.
O sabor do amor é como comer unha
comida que che gusta, unha sobremesa.
Ana Muñoz Vilariño
O amor é o recendo da vida,
cheira a rosas, a menta
E as cousas da natureza, á chuvia
sobre a terra ou ao efecto do sol sobre as plantas.
O son do amor é como o canto do
ruiseñor, coma o cantar do vento nas follas das árbores.
O tacto do amor é como tocar unha nube no ceo, suave,
branda e delicada, algo que hai que coidar.
O sabor do amor é como un limón,
condimenta a túa vida pero, cando non é correspondido, son coma pingas do seu
zume amargo no corazón.
Nuria Bouzas Antas
O amor cheira a unha rosa,
Unha rosa moi encarnada
Unha rosa libre
Unha rosa destinada.
O asubío dos paxaros,
A voz do vento,
O bruar das ondas,
É o meu sentimento,
Ti es a miña musa,
A miña inspiración
A raíña que reina
O meu corazón.
O que ama e é amado
Síntese apreciado
O que ama e non é querido
Sinte en sí un alarido.
O tacto do odio
É unha desesperación,
Unha ferida que lastima
O fondo do teu corazón.
O tacto do amor
É unha alegría sen fin de expresión
Un bico na meixela
É un sentimento dende o corazón.
Nicólás Fernández
Sobral
O olor do amor é como o arrecendo
á herba recén cortada, como o café recén feito.
O son do amor é como o pío dos
pequenos paxaros pola mañá cedo, o son inquedo dos gritos no verán.
O tacto do amor é como a auga
mariña que encontras cando te bañas.
O sabor do amor é como os doces,
como o chocolate, a vainilla, os xeados.
Ángela Fernández Sobral
O amor cheira a esperanza
Cheira a unha flor inventada.
A unha flor de moitas cores
De cores que semellan alegría.
O amor soa ao teu riso
Soa ás cancións que cantas pola
mañá,
Á mellor melodía que poida
existir
A unha melodía que te leva ata as
nubes.
Co amor sentes cousas fermosas
Sentes que soltan dentro de ti
unha caixa
Unha caixa que ten dentro
bolboretas de mil cores
De mil cores que significan amor.
O amor sabe a un sabor novo
Un sabor oculto, diferente para
cada persoa
Hai que buscalo, hai que atopalo
O seu sabor, ten o teu encanto.
Anónimo
O amor cheira a flores da
ribeira,
a fíos de fiandeira,
á choiva da primavera.
O amor cheira ao rocío sobre a
leira.
O amor coa coma a tronada
Cando non se sinte nada,
O amor soa coma o asubío dos
paxaros
Cando se está namorado.
O tacto do amor séntese cando
tocas as suaves ondas do mar ou as nubes brancas no ceo azul.
O amor é amargo cando non é
correspondido e é doce coma o azucre cando se sinte de verdade.
Anónimo