"As estrelas do libro" volven facer a súa aparición pola biblioteca. Podes atopalas alí tódolos xoves no recreo. Se queres compartir con elas momentos de lecer, apúntate nun dos dous grupos. Os libros que estamos a ler son:
1º grupo: O misterio das badaladas (X. P. Docampo)
2º grupo: Campos de fresas (Jordi Sierra i Fabra)
Como moderadoras do club, contamos coa colaboración de Ángela e Nuria, de 4º ESO. ¡Moito ánimo, rapazas!
O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
domingo, 29 de septiembre de 2013
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)