O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
miércoles, 13 de mayo de 2020
Reto conseguido
Os nosos amigos da Asociación Xoán XXIII convidáronnos a facer a lectura dun conto co gallo da celebración do Día do Libro.
Así que as nosas Estrelas máis novas (Alicia, Marcos, Candela, Verónica, Nicolás e Rubén) se puxeron mans á obra. E velaquí o que fixeron:
Reto Día do Libro. Asociación Xoán XXIII
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moi emotivo. Amizade, unión e compromiso na distanza. Parabéns as nosas pequenas grandes Estrelas !! E por suposto aos nosos amigos e amigas da Asociación Xoan XXIII por contar novamente connosco e pola marabillosa iniciativa!
Publicar un comentario