O frío achégase, as mantas xa están preparadas… e os libros da biblioteca están desexando ir pasar as festas contigo! Este Nadal, no canto de abusar dos turróns, atrévete cun bo atracón de aventuras, risas, misterios ou amores imposibles (que tamén teñen moitas calorías emocionais).
Na biblioteca temos lecturas para todos os gustos: desde historias que te deixarán coa boca aberta ata novelas tan doces que case dan máis subidón có roscón. Así que xa sabes: antes de marchar de vacacións, pasa pola biblioteca e leva un menú literario ao teu gusto. Sen glute, sen lactosa, pero con moito sabor.
Boas lecturas e mellores festas! 🎅✨