lunes, 5 de mayo de 2025

📚🎶 O 15 de maio imos de festa... e de troco!

 

Para celebrar o Día das Letras Galegas, montamos unha foliada no centro: música, alegría e, como non podía faltar, libros dando voltas coma polbos nunha feira.

Ese mesmo día celebraremos tamén a III Feira de Troco de Libros. O funcionamento é sinxelo: traes da casa eses libros que xa non che fan tilín, recibes un vale por cada un, e o 15 de maio poderás trocar os teus vales por novos libros que si che apeteza ler (ou polo menos que queden ben na estantería).

Recapitulando: cultura, música, reciclaxe lectora... e todo sen gastar un euro. Que máis queredes, un pincho de tortilla? 😄

viernes, 2 de mayo de 2025

📅 O Club de Manga volve á carga!

 

O 10 de maio teremos outro encontro por videochamada co alumnado do IES Monte Carrasco... si, outro máis. Xa case estamos pensando en pedir un despacho no Ministerio dos Encontros Mangueiros, porque isto está collendo nivel institucional!

Prepárate para outra sesión de teorías, confesións frikis e debates intensos sobre quen é o mellor personaxe (que, por suposto, segue sendo tema aberto). O anime une, e nós xa estamos a medio camiño de formar unha ONU do manga.

Vémonos na pantalla! (Mario, conexión decente, por favor).