jueves, 27 de enero de 2011

CLUB DE LECTURA VIRTUAL

Este é o segundo ano de “As estrelas do libro”, o club de lectura do IES de Cotobade. Neste curso académico, Rosa puxo en marcha un novo proxecto para o club de lectura: “As estrelas do libro na Internet”, que consiste en crear outro grupo máis no club, pero neste caso os comentarios dos libros fanse soamente de xeito virtual, a través do blog, sen necesidade de asistir a sesións presenciais. Deste xeito, increméntase non só o número de membros, senón tamén o de lectores.
No blog pódese ver unha selección de libros recomendados para a nosa idade, ademáis de comentarios e valoracións doutros usuarios.
E se non tés Internet, ¡non hai problema!, pois poder acceder ó citado blog dende os ordenadores da biblioteca do centro. As ventaxas son que non te tés que quedar no recreo na biblioteca do centro e poder ler nos libros ó teu ritmo.
Anímovos a que vos apuntedes xa, que descubriredes un novo mundo sumerxíndovos nos libros.
María García Campañó (3º ESO)

No hay comentarios: