Nicolás e Sara, dous alumnos de 4º ESO van
participar nunha actividade de moderación no club. Consiste en que
eles serán os que guíen a lectura e un grupo de profesores
participarán a modo de alumnos. Por iso pedimos colaboración;
aquel/a que estea interesado/a, deberá acudir á biblioteca este
xoves 5 de maio na hora do recreo para a presentación
da actividade.
O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario