No día de hoxe, xa tendo avanzado na lectura de Zapatos de tacón, o grupo de 3º e 4ºESO reflexiona e debate sobre a explotación sexual infantil, tema abordado xa nos primeiros capítulos da novela, entre outros moitos que xurdirán ao longo da mesma.
Ler non só é entender o que pasou ou pasa, senón o que nos pasa ou non os pasa a nos mesmos. Esa introspección e valoración da súa contorna fan dos debates e reflexións suscitadas pola novela, unha aprendizaxe cargada de sentimentos e valores sociais. Algunhas intervencións destacaron pola carga de sentimentos e sensibilidade traslada. Amosaron un alto grao de madurez, de implicación e espíritu crítico, sorprendente para a súa idade.
Parabéns a todos eles, en especial á moderadora, Rosa, profesora de Lingua e Literatura castelá.
Parabéns a todos eles, en especial á moderadora, Rosa, profesora de Lingua e Literatura castelá.
Esperemos que deixen algún comentario, neste blog, teñen moito que aportar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario