Martes 6 de marzo, 12.45...
Impaciente, ansiosa e un pouco nerviosa, a comunidade
lectora do IES de Cotobade agardaba con impaciencia a chegada de David Lozano
na Biblioteca do noso Centro.
Todo estaba preparando, mesas, cadeiras, decorado, tarta
de benvida, vídeoreseña e tráiler dunha novela.
Tratamos de crear un ambiente distendido cun cadro
orixinal recreando con cada detalle as novelas do convidado.
Dende un reloxo tuneado coa portada do "Ladrón de
Minutos" ata unha porta forrada coas novelas mais salientables de David.
Ademais creouse unha zona de Photocall, con pinturas,
fotografías e debuxos das novelas "Valkiria" e "Cielo Rojo"
realizados polo noso alumnado e dirixido por Beatriz Pérez, profesora de EPV e
Carina Vales, coordinadora do Club de Lectura.
Case tras un mes de preparación, todo estaba listo para
súa visita.
Un total de 40 estudantes participaron na entrevista, é
dicir o 50% do alumnado matriculado no noso Centro. Todo un éxito e orgullo
para as coordinadoras da Biblioteca e Club de Lectura, así como para o
profesorado participante no Club ao longo do curso.
O convidado foi sorprendido pola preparación da
escenificación do encontro, especialmente pola orixinalidade da tarta, coa
portada dunha das súas novelas.
Lectores e escritor puideron compartir e "devorar
literalmente" a deliciosa novela. A súa visita marcou un antes e un
despois no noso Centro, no que cada día se esgotan os préstamos das novelas de
Garbala.
Unha emocionante e inesquecible visita.
Parabéns a todos e todas!
Agardamos con impaciencia a próxima visita do autor Zaragozano que xa ten publicado a tradución da súa última novela a nosa lingua :
"Descoñecidos" (Rodeira, 2018)
Nova adquisisición do club de Lectura (5 exemplares en galego e 5 na lingua castelá orixinal).
No hay comentarios:
Publicar un comentario