O pasado venres 7 de xuño,
celebrouse na EGAP (Escola Galega da Administración Pública), en Compostela, a
reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que
participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional.
Desta volta a XII Xornada dos
Clubs de Lectura reuniu así preto de 280 persoas, entre participantes,
relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
Destacamos a presencia de María
José Masanet, profesora e investigadora da Universitat Poempeu Fabra; do
activista da lectura Marijn Brouckaert ponente das "lecturas
compartidas", como ferramenta de intervención social; Antonio Sandoval
amosou a súa experiencia como moderador dun club de lectura temático sobre
ciencias da natureza e a poeta Tamara Andrés impartiu un obradoiro de poesía.
Pechou a xornada a profesora, escritora e académica Marilar Aleixandre.
Emocionada, recibe o premio María
Reimóndez por ser a autora máis lida no pasado curso nos Clubs de Lectura
galegos. No noso Club, Corredora foi
unha das novelas máis lida polos membros do Club que só supera 22 segundos de
Eva Mejuto que foi lida polos 6 grupos do Club no presente curso.
O noso Club As estrelas do Libro
foi representado coma cada ano pola asistencia da súa coordinadora.
Na conferencia
inaugural, José Antonio Millán, autor dun informe sobre os Clubs de Lectura dos
centros educativos galegos, destacou o excelente funcionamento e subliñou o seu impacto na comunidade
educativa, no desenvolvemento de habilidades sociais, comunicativas, cognitivas
e académicas. O informe foi realizado no pasado ano 2018 en
colaboración coa D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de
Bibliotecas Escolares e pódese consultar na web de Bibliotecas Escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario