Algunha vez esqueciches o aniversario de alguén importante para ti? Non te preocupes. Ás veces, pasa. E, ás veces, o que pasa é que "non nos dá a vida", como se di nestes tempos.
Que pasou?
Nada irreparable.
O pasado luns 24 de febreiro cumpríronse 183 anos do nacemento de Rosalía, a nosa Rosalía.
Aínda así, catro estrelas foron convocadas a unha xuntanza de urxencia.
E, guiándose pola Estrela Polar, digo, por Bea Pérez, velaquí o que lles saíu dos pinceis:
Tranquila, Ángela, os accidentes acuáticos da aula de Plástica quedan na aula de Plástica. Rosalía perdóate e nós, tamén.
Pero non pensedes que a cousa queda en facerlle un mural Pop Art á nosa autora máis universal (sen ánimo de ofender a dona Emilia Pardo Bazán). Pero iso, mellor, contámolo outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario