Lector, que poderías estar tirado á desidia na túa casa en bata e zapatillas, érguete!
Botas en falta ler o catálogo de primavera-verán dalgún reputado centro comercial en horas baixas? Que máis che ten a ti que vas pasar as próximas semanas gastando os pixamas que tiñas no fondo do roupeiro? Esas prendas leais que non tiraches por preguiza! E agora contemplas con melancolía o solitario contedor do lixo desde a fiestra da túa casa. Materialízase, entón, na túa cabeza unha enigmática pregunta: acaso ningún poeta se acordou de compoñer unha oda a estes seres pestilentes e imprescindibles? Canta indiferenza!
Arrebatadamente contemplas ese exército de osiños compracentes, preguiceiros gatos, descoloridos coches, estancadas naves espaciais que ao espazo máis lonxano que chegan é á lavadora...Todos eles,orfos de ti, antigos poboadores de raídos pixamas, volven ver a luz das bombillas despois de tanto silencio roto apenas pola inexorable couza...
Sería posible darlles un merecido adeus a todos eles, permitíndolles ser silenciosos testemuños de lecturas gratis online nesa paradóxica xenerosidade que hoxe envolve o mundo?
https://stories.audible.com/start-listen
No hay comentarios:
Publicar un comentario