Illado
Abriu os ollos. Todo estaba escuro. Decatouse que estaba tendido. Cheiraba a
Abriu os ollos. Todo estaba escuro. Decatouse que estaba tendido. Cheiraba a
desinfectante. Incorporouse e prendeu a luz. Lembraba onde estaba. Illado naquel
cuarto, sen poder saír, onde unicamente dúas veces cada día tiña contacto co exterior.
Cando lle pasaban a comida e cando o médico lle facía o exame clínico. Un exame a
distancia. Febre? Tómese a temperatura. Dor de cabeza? Tos? Nada máis.
Non sabía cantos días levaba alí. Perdera o sentido do tempo. Sabía que tiña
que pasar a corentena, pero cada vez levábao peor. Durmía cada vez máis axitado,
con pesadelos reiterados. O máis común era que enfermaba, empezaban os síntomas,
cada vez máis grave, e deixábano morrer naquela prisión aséptica.
Tranquilizouse. Non podía deixarse levar polo desánimo. Sentiu abrir a porta.
Un home de bata branca entrou sorrindo:
- Rematou a corentena. Benvido á Terra, señor Neil Amstrong. Que tal pola Lúa?
Peste Negra
Peste Negra
1 comentario:
A min gústame moito este!
Publicar un comentario