viernes, 21 de marzo de 2025

🎤 Atención, atención! Que veñen os regueifeiros!

 

O vindeiro 27 de marzo, o IES de Cotobade converterase nun ring (pacífico) de palabras afiadas: teremos un obradoiro de regueifa! 💥

Varios departamentos puxéronse de acordo (si, milagres existen) para traer este espectáculo verbal onde o enxeño manda e a retranca é lei. Se pensabas que a poesía era cousa seria... é porque aínda non escoitaches unha boa regueifa!

Vai haber rimas, improvisación e, quen sabe, algún verso que faga tremer ata ao profe máis duro. Así que afinade a lingua e preparádevos para regueifar coma se non houbese exame o día seguinte (aínda que o hai).

 

 

No hay comentarios: