domingo, 13 de abril de 2025

📚🐣 RETO LECTOR: “Paixón de lectura” – Especial Semana Santa (Non garante salvación, pero si evasión)

 

O reto consiste en completar 5 misións lectoras durante as vacacións. Pódense facer en calquera orde, combinando cómic, narrativa xuvenil, ou mesmo etiquetas de roupa interior se teñen boa calidade literaria (non recomendado).

📌 Misión 1: Ler un libro onde haxa unha historia de amor... ou desamor.

Bonus se acabas berrando: “Non te merecía!” a un personaxe.

📌 Misión 2: Ler durante unha tormenta, unha procesión ou un silencio incómodo familiar.

Todo vale, menos ler mentres che cae o viño da misa por riba do libro.

📌 Misión 3: Compartir unha frase do teu libro en modo influencer literario.

Pode ser por escrito, debuxada, ou dita en voz alta ao teu can.

📌 Misión 4: Ler un cómic ou novela gráfica con mínimo 2 personaxes que molen moitísimo.

E se tes dúbidas sobre quen mola máis, fai unha votación na casa.

📌 Misión 5: Inventar un novo final para o libro.

Pode ser máis feliz, máis tráxico ou en versión musical tipo “High School Musical en Pontevedra”.


🏆 ¿Que gañas se completas o reto?

  • A gloria lectora.

  • Un aplauso interno.

  • E quizais... un diploma literario á volta das vacacións! (e quen sabe, algo de chocolate...)

No hay comentarios: