Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encarga ao xenial Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia. O que é unha mágoa é que non saia o arquitecto que firma os proxectos do constructor - haiche moito feísmo con firma -, ou xa postos, o propio Colexio de Arquitectos, que podería xustificar o que lle cobra ao cliente incluíndo no visado unha cláusula vinculante de idoneidade urbanística, confirmando que o proxecto cumpre a normativa vixente.
Iñaki, o profesor de Matemáticas, decantouse por esta obra para acompañar ós alumnos de 2º e 3º ESO na lectura de banda deseñada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario