
Como Román Casas quería
ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu
décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese
día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito
acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a
Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady
Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres
novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos
viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos
funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e
larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso
a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do
lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Os alumnos de 1º ESO están a ler esta obra. A próxima semana comezarán a falar dela, baixo a moderación de dúas estreliñas de 4º ESO (Alba Tajes e Nicolás).
No hay comentarios:
Publicar un comentario