Non foi doado para Isla
mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo
polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do
universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que
empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a
Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até
ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia
que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo
todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real
Quedaron
para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi
entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na
escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Os alumnos de 4º ESO, xunto co profesor de sociais, Carlos, están a gozar coa lectura desta novela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario