Para iniciar o trimestre cunha lectura na nosa lingua que mellor que comezar cunha novela da cuarta muller homenaxeada no Día das Letras galegas 2018 despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), e María Mariño (2007).
Anagnórise. Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega.
O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un
rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e
marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a
negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina
cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na
estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do
coche.
Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

Esta volta, a lectura será guiada polo
profesor Carlos Morgade xefe do departemento de Normalización
Lingüística, historiador e amante da nosa lingua que impulsa e promove a
lectura en galego en toda a comunidade educativa.
"(....)Que
a lingua non sexa unha barreira á hora de elixir un libro, os rapaces
deben poder ler en calquera das dúas linguas, coa mesma facilidade, grao
de comprensión e deleite."
No hay comentarios:
Publicar un comentario