Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno,
co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, ponse a disposición do
profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de
bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora.
Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de
"constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura
infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática,
personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria
Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar
estas propostas.
Este cartel, que se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3,
chegará en formato impreso a todos os centros de Galicia en breves
datas.
Agardamos que sexa un material útil e que poida axudar no labor do
profesorado e das bibliotecas escolares por conseguir vincular ao
alumnado á lectura en galego, a través de textos dos nosos autores e
das nosas autoras e, moi especialmente neste ano, a través dos libros de
María Victoria Moreno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario