
Tralo éxito de libros coma Dímelo con los ojos, Pasos de marionetas ou Los fantasmas del paraíso, os nosos lectores están ansiosos por ler El rostro de la sombra, lectura da que as estrelas máis veteranas xa teñen gozado en anos anteriores.
O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
Non foi doado para Isla
mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo
polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do
universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que
empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a
Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até
ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia
que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo
todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real
Quedaron
para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi
entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na
escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
7ª edición - Premio Merlín
de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro
Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 -
Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio
Nacional de Literatura Infantil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016