viernes, 27 de abril de 2018

3º/4ºESO e Anagnórise.

As 15 Estrelas do Club de 3º e 4ºESO inician a lectura deste trimestre cunha novela de María Victoria Moreno.

Para iniciar o trimestre cunha lectura na nosa lingua que mellor que comezar cunha novela da cuarta muller homenaxeada no Día das Letras galegas 2018 despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), e María Mariño (2007).

Resultado de imagen de anágnorise maria victoria morenoAnagnórise. Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega.

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche.

Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

Esta volta, a lectura será guiada polo profesor Carlos Morgade xefe do departemento de Normalización Lingüística, historiador e amante da nosa lingua que impulsa e promove a lectura en galego en toda a comunidade educativa.
"(....)Que a lingua non sexa unha barreira á hora de elixir un libro, os rapaces deben poder ler en calquera das dúas linguas, coa mesma facilidade, grao de comprensión e deleite."

2ºESO e 22 segundos

Este trimestre, o grupo de 2ºESO inicia a lectura no club coa novela 22 Segundos de Eva Mejuto.

Resultado de imagen de 22 segundos O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.
Achegar os lectores a unha realidade, case descoñecida pola meirande parte dela, suscitou numerosos debates entorno a transexualidade. A profesora mediadora desta novela, Victoria Carrera e coordinadora da nosa Biblioteca considera que aínda queda moito camiño por percorrer para un cambio de mentalidades. Segue sendo un tema tabú e de dificil aceptación ou comprensión por parte do alumnado. Un traballo de concienciación que seguiremos facendo a diario nas aulas. 

Rematada xa a lectura traballarán coa seguinte ficha ofrecida pola Editorial Xerais na procura dun maior afondamento na temática.

1ºESO e O Corazón de Xúpiter.

Lemos en galego?

Os tres grupos do club das Estrelas do Libro inician o terceiro trimestre con lecturas na nosa lingua.

Resultado de imagen de o corazon de xupiter
O acoso a través de Internet: O Corazón de Xúpiter. 

Tras ter lido a novela de "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas, os 14 lectores do primeiro curso da ESO inician este trimestre a lectura de "O Corazón de Xúpiter" da autora viguesa. Adiantados na metade da novela xa se amosan intrigados polo seu desenlace.
O Corazón de Xúpiter entretén, denuncia e fai reflexionar sobre diversas realidades e preocupacións sociais, cercanas ó público xuvenil coma o ciberacoso, a homosexualidade ou as drogas.
Os debates que van xurdindo durante as sesións son unha excelente ferramenta para reforzar a educación en valores e así nolo fai chegar ó longo das reunións Patricia García, profesora de relixión e mediadora desta novela.
Grazas Patricia pola túa implicación e compromiso!

lunes, 23 de abril de 2018

Día do Libro. Abril 2018.

 
Celebramos o día Internacional do libro cunha exposición de lecturas do mundo baixo o lema "Pasea polos libros, le o mundo". Animamos a que completedes a exposición coas vosas lecturas favoritas. Comparte experiencias, comparte libros!

lunes, 2 de abril de 2018

Día internacional do Libro Infantil



Coma en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Peterson, recoñecido debuxante deste país báltico. 

Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic». Procuraremos animar ao alumnado de 1º e 2ºESO do noso Centro.

BASES DO CONCURSO. UN CONTO DE ANDERSEN EN CÓMIC