martes, 29 de marzo de 2016

A banda deseñada tamén atopa o seu oco no club...



 Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encarga ao xenial Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia. O que é unha mágoa é que non saia o arquitecto que firma os proxectos do constructor - haiche moito feísmo con firma -, ou xa postos, o propio Colexio de Arquitectos, que podería xustificar o que lle cobra ao cliente incluíndo no visado unha cláusula vinculante de idoneidade urbanística, confirmando que o proxecto cumpre a normativa vixente. 







Iñaki, o profesor de Matemáticas, decantouse por esta obra para acompañar ós alumnos de 2º e 3º ESO na lectura de banda deseñada.

Care Santos impacta con esta novela!

 Xenia lucha por sacar las mejores notas, impulsada por la ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente su rendimiento está bajando. Y es que Xenia se ha enamorado, aunque no de un chico de su entorno, sino de un fantasma, de una voz surgida de Internet con la que comparte su pasión por la lectura. Como Xenia es decidida y su amor virtual se niega a una cita, se propone sorprenderlo, de modo que inicia sus averiguaciones con los pocos datos de que dispone.
Y todo resulta ser falso, una mentira, ni la foto ni el nombre son reales. ¿Quién es en realidad su alma gemela? Arrepentida por el abandono de sus estudios confiesa todo a sus padres, segura de haber sido víctima de algún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado va a revelarle la identidad del muchacho con el que compartió sus más íntimas emociones. Proviene de la cárcel de menores y contiene la historia de un asesino.

En 3º ESO estamos a ler esta novela... ¿Como resultará de impactante esa mentira?

Da man de Jordi Sierra i Fabra... unha novela que nos emocionará!

En 4º ESO, da man de Cecilia e a súa nai, imos enfrontarnos a catro eixes temáticos de interese: o lesbianismo, a inseminación artificial, o cancro terminal e a obsesión compulsiva pola informática.

Rosa, a profesora de castelán, será quen de coordinar esta lectura.

En 1º ESO andamos a voltas con Paio e os seus conflictos...

Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola súa fichaxe.
O profesor de sociais, Carlos, é o encargado de guiar a lectura desta novela de aventuras.

miércoles, 16 de marzo de 2016

Visita o noso IES...

O club de lectura “As estrelas do libro” vai contar novamente coa presencia do escritor Alfredo Gómez Cerdá o luns 11 de abril. A actividade terá lugar de 12.30 a 13.30 na biblioteca do centro.