domingo, 3 de mayo de 2026

🌟 As Estrelas do Libro collen impulso ata o infinito e máis alá

O pasado mércores fomos ata Santiago de Compostela á formación de clubs de lectura… e volvemos coa mochila chea de ideas (e algunha que xa está pedindo paso a berros 😄).

Tivemos incluso unha visita virtual de luxo: Manuel Rivas, o autor máis lido nos clubs de lectura escolares o curso pasado, que nos deixou unha das frases do día: si, pódese querer que gañe o Dépor e mais o Celta á vez (aínda que haxa debate no bar da aldea!).

No marco de M8porler, puxémonos serios por un momento (só un pouco) e comprometémonos a rexistrarnos na Fundación Xistral para que as Estrelas do Libro brillen aínda máis… e, quen sabe, igual este é o ano no que por fin despegue o noso club de lectura de adultos 👀📚

Ademais, temos moi preto unha aliada perfecta: a libraría Seijas. A súa dona, ilustradora, pode darlle ao club ese toque creativo que nos encanta.

E como boa viaxe lectora, trouxemos ideas de aquí e de acolá: desde Cartagena (cos Premios Mandarache) ata iniciativas tan inspiradoras como Queeruña. Sen esquecer a lectura fácil e as recomendacións das lectoras máis novas, que sempre teñen moito que dicir.

En resumo: isto non fixo máis que comezar… e temos moito por ler! 📖✨

jueves, 23 de abril de 2026

23 de abril

Hoxe vivimos unha xornada fantástica coa participación do alumnado do centro e de 5º e 6º do CEIP de Tenorio. Libros que cambian de mans… e moitas ganas de ler!

📸 Pasa polas nosas redes para ver as fotos… igual saes ti!

E mentres aquí os libros voaban de man en man… poida que polas alturas tamén houbese movemento. Es quen de imaxinar a Rosalía e dona Emilia camiño dunha feira nas nubes? Ou a Shakespeare e Cervantes no bar Obélix tentando decidir quen conta mellor as vidas alleas… (sen acordo, claro 😏)? Quizais Castelao e Lorca discutindo se a chuvia en Galicia é clima ou poesía…

E, ao fondo, don Gonzalo Torrente Ballester dándolle unha volta a Los gozos y las sombras: en Pueblanueva, o poder xa non só se move nos pazos… tamén en X e no Instagram, entre rumores e segredos dixitais.

Porque cando os libros se moven… o mundo tamén se pon a contar historias. 📚✨

 


 

miércoles, 15 de abril de 2026

FEIRA DE TROCO DE LIBROS

 


Tes libros na casa collendo po e mirando para ti con cara de “leme outra vez”? 😏 Pois chegou o seu momento!


No IES de Cotobade celebramos a xa tradicional Feira de Troco de libros: trae os que xa liches (ou os que quedaron a medias… non pasa nada 😉) e leva vales por cada un. O día 23 de abril poderás trocar eses vales por novas historias que che fagan tilín ou tolón.


E ollo! Tamén está convidada a rapazada de 5º e 6º de EP do CEIP de Tenorio, que poderán vir co seu botín de vales a facer boas escollas.


📖 Aquí non se tira nada: recíclanse historias, cámbianse aventuras e gañan todos.


Veña, anímate… que igual atopas ese libro que non sabías que estabas agardando! 😉

domingo, 12 de abril de 2026

Modo aventura activado: As Estrelas do Libro na Cómic-Con de Moaña

As Estrelas do Libro activamos modo aventura o pasado venres: 15 estrelas (nivel épico), acompañadas por Bea, Javier e Patri, xunto cos nosos nakamas do IES de Poio, desembarcamos na Cómic-Con Moaña.

Foi un auténtico arc de diversión: participamos en Heroe ou vilán (algúns con máis aura de protagonista… e outros claramente viláns 😏), puxemos a proba o noso HP cun ramen que picaba como ataque especial pero curaba o espírito, e deixamos o noso fan art no concurso de debuxo.

Subimos de nivel en lingua aprendendo palabras en xaponés (hai quen xa quería facer timeskip cara á EOI), exploramos videoxogos e simuladores 3D como se fose un isekai, e volvemos con loot en forma de manga e merchandising.

Houbo tamén cosplay digno de opening e algunha batalla “a palazos” no palco da música (modo training, sen dano real, tranquilos 😅).

Conclusión do capítulo: risas, compañeirismo e enerxía ao máximo. Misión completada. E xa avisamos: o próximo ano… continuará. 🎌✨

jueves, 2 de abril de 2026

2 de abril, Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil

“Un libro aberto é un cerebro que fala;

pechado, un amigo que espera;

esquecido, unha alma que perdoa;

destruído, un corazón que chora.”

Na Biblioteca “Nélida Piñón” do IES de Cotobade temos os libros enfeitados agardando por ti… anímaste a pedirlle saír?



viernes, 27 de marzo de 2026

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

 — ¡Silencio!

En ocho años que dure el luto no ha de entrar en esta casa el viento de la calle.
Haced cuenta que hemos tapiado con ladrillos puertas y ventanas.
Así pasó en casa de mi padre y en casa de mi abuelo.
Mientras, podéis empezar a bordar el ajuar.

(Pausa)

Y tú no has de levantar la voz más que yo.





Unha casa pechada. Oito anos. Silencio imposto.
Que está a pasar realmente detrás desas portas? 👀

Se queres descubrir os segredos, as tensións e todo o que non se pode dicir en voz alta… esta obra está agardando por ti na biblioteca. 🎭📚

martes, 17 de marzo de 2026

📢 Próxima parada: ComicCon de Moaña! 🚌✨

Temos unha noticia que nos fai saltar as páxinas! O noso Club de Manga está preparando as mochilas porque o vindeiro 10 de abril imos vivir unha xornada épica.

Pero non imos sós... A amizade e a superación son valores clave en calquera bo Shonen, así que decidimos unir forzas! Iremos acompañados polo Club de Manga do IES de Poio, para compartir esta experiencia con máis xente que fala o noso mesmo idioma: o das viñetas e o cosplay.

📍 Que faremos en Moaña?

Estamos moi ilusionados por poder gozar de:

  • Encontros con autores e artistas.

  • Obradoiros e actividades arredor do mundo do cómic e a cultura xaponesa.

  • Postos de merchandising onde seguro atoparemos algunha xoia para as nosas coleccións.

  • E, sobre todo, moitas risas e bo ambiente entre amigos.

"A amizade é un ingrediente máis importante que o talento." — Naruto Uzumaki

Prometemos traer a cámara cargada para contarvos todo á volta e ensinarvos as mellores fotos do evento. Se nos vedes polos corredores con cara de emoción estes días... xa sabedes por que é!




Tes algunha recomendación de algo que non debamos perder na ComicCon? Déixanos un comentario! 👇


17 de marzo: Celebramos o Día do Cómic e do Tebeo

Cres que ler son só páxinas cheas de letras? Nin de lonxe! A banda deseñada é a mestura perfecta entre arte e literatura. Historias que entran polos ollos e quedan no corazón (ou que che fan rir a gargalladas).

Hoxe é o día perfecto para darlle unha oportunidade a ese volume que sempre ves no andel. Pasa pola biblioteca e leva un: porque ler cómic tamén é ler... e engancha!


✨ Velaquí unha elección especial: O que non podes perder

❤️ Sentimentos

  • Título: Heartstopper (Alice Oseman)

  • Por que lelo?: Unha historia de amor, amizade e identidade que é pura dozura. Perfecta se buscas algo que che faga sorrir.

🖼️ Realidade

  • Título: Engurras (Paco Roca)

  • Por que lelo?: Unha xoia emotiva sobre a vellez e a memoria. Unha historia das que che chegan ao corazón.

🌍 Historia

  • Título: Persépole (Marjane Satrapi)

  • Por que lelo?: Para coñecer o mundo real a través dos ollos dunha rapaza en Irán. Valente e necesario.

⚔️ Manga Shonen

  • Título: Naruto / One Piece

  • Por que lelo?: O "pack de supervivencia": amizade, loitas épicas e aventuras infinitas que te manterán pegado ás páxinas.

💥 Acción

  • Título: My Hero Academia

  • Por que lelo?: Como sería ir a un instituto de superheroes? Se che gusta a adrenalina, este é o teu cómic.

🐱 Clásicos

  • Título: Doraemon

  • Por que lelo?: O rei do entretemento. Ideal para desconectar, botar unhas risas e gozar de inventos imposibles.



Sabías que...? A banda deseñada non ten idade. Hai historias para rir, para chorar e para facernos pensar sobre o mundo que nos rodea.

Vémonos no recreo entre viñetas! 🗯️




lunes, 23 de febrero de 2026

🌸 23 de febreiro: Ser "rebeldes" como Rosalía

O 23 de febreiro non é un día calquera no noso calendario. Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, a muller que lle deu voz a un pobo e que nos ensinou que as palabras son a arma máis poderosa que existe.

Moitas veces pensamos en Rosalía como unha figura seria nos libros de texto, pero a realidade é que foi unha auténtica rebelde. Nun tempo no que moitos calaban, ela escribiu sobre a inxustiza, a soidade e o orgullo de ser quen somos. E fíxoo cunha sensibilidade que, máis de 150 anos despois, segue a poñernos a pel de galiña.

Por que ler a Rosalía (e aos que viñeron despois)?

Ler non é só pasar páxinas; é un acto de liberdade. Cando lemos a Rosalía ou calquera historia que nos atrapa:

  • Aprendemos a dicir o que sentimos: Ela puxo nome á "negra sombra" e á ledicia de volver á casa. Ler axúdanos a atopar as nosas propias palabras.

  • Conectamos co mundo: Como dicía a nosa poeta, as "estrelliñas" tamén falan. Ler abre os ollos ao que nos rodea.

  • Reivindicamos o noso: Ler en galego é manter viva a chama dunha cultura que non ten límites.

"Eu non podo vivir sen ler. É a miña maior ledicia." — Rosalía sempre soubo que nos libros estaba a verdadeira luz.

🍵 Únete ao "Caldo de Gloria" literario

Na biblioteca "Nélida Piñón" do noso instituto queremos celebrar este aniversario ao noso xeito: lendo. Temos os andeis cheos de poesía, novela e banda deseñada que te esperan para descubrir novos mundos.

Este 23 de febreiro, fai como Rosalía: atrévete a ler, atrévete a sentir.



Feliz Día de Rosalía!

viernes, 20 de febrero de 2026

🌍 21 de febreiro: A túa lingua, o teu superpoder

Hoxe celebramos o Día Internacional da Lingua Materna.

A lingua na que naces é moito máis que palabras: é a túa identidade, a túa historia e a túa forma de ver o mundo. É un tesouro único que che pertence.

Como coidalo? Moi sinxelo:

  1. Fálaa: Sen medo e con orgullo, na casa, cos amigos e no instituto.

  2. Lea: Ven á biblioteca e descubre historias incribles escritas na túa lingua.






Non deixes que se perda. Fala a túa lingua, le na túa lingua!