A CABEZA DE MEDUSA de MARILAR ALEIXANDRE
É venres e os rapaces dun instituto de Vigo van celebrar a festa do Entroido nas últimas horas da mañá. En clases xa había media ducia de persoas disfrazadas pero, Olga, a profesora de galego, tiña moi claro que ían dar clases. Ese día tocaba entregar o traballo sobre un autor contemporáneo e Sofía esperaba non ter que ler o seu poema xa que era de amor. Non tivo sorte pero despois do cambio de hora, Rubén, un rapaz de ciencias, díxolle que lle gustara o poema que escollera. A partires de aquí tocou disfrazarse e prepararse para a festa que ían celebrar ata altas horas da madrugada.