martes, 31 de octubre de 2017

Celebración do Samain / Halloween na Biblioteca.


A Biblioteca do IES Cotobade ofrece e expón unha selección de obras para celebrar a festa do Samain en varias linguas. 

Aproveita a temática da celebración para ambientar a Biblioteca! 

Tanto a decoración como a exposición de obras manteranse ao longo da semana.

Mamasiña, que medo!

martes, 24 de octubre de 2017

Conmemoración do día da Biblioteca

Para celebrar o día da Biblioteca que mellor que darlles a palabra aos seus usuarios máis directos. 
Que pensan da Bilioteca?

Grabado nos recreos, o seguinte vídeo recolle as súas espontáneas valoracións. 

lunes, 23 de octubre de 2017

"A min o que máis me gustou do libro é María porque é igual que a mestra Lourdes. Vive na biblioteca porque senon os libros ao mellor vanse. Ou morren. E que é bibliotecaria. Ou sexa, coma Mary Poppins pero sen ás"

24 de Outubro. Día da Biblioteca. 
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca-2017 

Con esta inocencia describiu un neno ás bibliotecarias nun encontro co escritor Alejandro Palomas que recolle no pregón para o Día da Biblioteca 2017 as súas verbas.
Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Este ano os elixidos para a redacción do pregón e o deseño do cartel foron o escritor catalán Alejando Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil)  e o madrileño Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feira de Boloña-Fundación SM).
O acto central de conmemoración terá lugar o próximo día 24 de outubro en Talavera de la Reina (Toledo). Ademais, na Rede de Bibliotecas de Galicia son moitas as actividades que se organizan para celebrar este día. Lembrade que podedes estar informados das diferentes actividades e actos consultando a Axenda Cultural de Galicia.
Feliz día da Bibioteca a todas e todos!



viernes, 6 de octubre de 2017

Os primeiros debates de Zapatos de Tacón de Lygia Bojunga.

No día de hoxe, xa tendo avanzado na lectura de Zapatos de tacón, o grupo de 3º e 4ºESO reflexiona e debate sobre a explotación sexual infantil, tema abordado xa nos primeiros capítulos da novela, entre outros moitos que xurdirán ao longo da mesma. 
Ler non só é entender o que pasou ou pasa, senón o que nos pasa ou non os pasa a nos mesmos. Esa introspección e valoración da súa contorna fan dos debates e reflexións suscitadas pola novela, unha aprendizaxe cargada de sentimentos e valores sociais. Algunhas intervencións destacaron pola carga de sentimentos e sensibilidade traslada.  Amosaron un alto grao de madurez, de implicación e espíritu crítico, sorprendente para a súa idade. 
Parabéns a todos eles, en especial á moderadora, Rosa, profesora de Lingua e Literatura castelá.
Esperemos que deixen algún comentario, neste blog, teñen moito que aportar.

jueves, 5 de octubre de 2017

Únete ó Club



Roma en Galego, si!!

Todos os xoves nos recreos, o grupo de 2ºESO, animados pola profesora Patricia, mergullarase ao longo deste mes nos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do Emperador Nerón. 

Descubrirán e comentarán a historia de Marcia, relatados no seus tres diarios. Os seus momentos de alegría, de inocencia pero tamén de dor que xorden na súa vida e se confrontan.

Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e por fin, ó amor da súa vida. Tamén experimentará a traizón e o odio ata chegar ao .....veremos!  

Emocións e sentimentos que perduran no tempo, ou non? Todos somos ou coñecemos a unha Marcia porque nada é eterno, agás a palabra. Esa nos une e nos achega no tempo. Sempre.

Os nosos pequerrechos por primeira vez no Club!

As nosas "Estrelas" máis pequerrechas únense por primeira vez ao noso club, cunha lectura en inglés dun autor francófono, facendo honor á interculturalidade.

Como se vén facendo dende anos atrás, irán lendo ao longo dos trimestes nas distinstas linguas impartidas no noso Centro para descubrir e achegarse ás distintas realidades e culturas.
No día de onte, animados pola súa profesora Luisa, de inglés, as nosas Estrelas baixaron ao centro do Terra para vivir unha nova aventura.
Parece que lles gusta!
Noraboa ás nosas "Estrelas de 1ºESO"! Por certo, prometedoras. Benvidas ao Club!




Journey to the Center of the Earth 
(Título orixinal: Voyage au centre de la Terre, 1864)  J.Verne 
The famous mineralogist, Professor Lidenbrock, finds a piece of parchment in an old book. A message written in code describes a secret entrance to another world. The Professor’s nephew, Axel, breaks the code and he and his uncle set out on a journey that takes them back in time to the days of the dinosaurs and pre-historic man. But how will they manage to get back to the present safely?

miércoles, 4 de octubre de 2017

PROGRAMA DE LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE


LEMOS EN GALEGO!


Se eres de 2º ESO e queres saber sobre os turbulentos e apaixoantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón, a profe Patricia espérate no recreo dos xoves, para coñecer a histoira de Marcia, que nos vai relatando nos seus tres diarios os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descobrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, ó amor da súa vida. Tamén experimentará a traizón e o odio ata chegar ó asasinato. 


English adventure!

Comeza a aventura! 
Da man da profe Luisa, os mércores os rapaces e rapazas de 1ºESO van compartir esta viaxe ó centro da terra, e porán todo o empeño en melloralo seu inglés!

The famous mineralogist, Professor Lidenbrock, finds a piece of parchment in an old book. A message written in code describes a secret entrance to another world. The Professor’s nephew, Axel, breaks the code and he and his uncle set out on a journey that takes them back in time to the days of the dinosaurs and pre-historic man. But how will they manage to get back to the present safely?