sábado, 17 de octubre de 2015

Seguimos a voltas con Santiago Lopo. Desta vez, da man de "Peaxes"

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.

jueves, 8 de octubre de 2015

Santiago Lopo bríndanos a súa ficción...

 Un profesor universitario recibe como agasallo un xogo de ordenador chamado Parallel City. Aos poucos, o xogo absórbeo e a súa vida cotiá comeza a padecer as consecuencias...

Queres saber que máis acontece? 
Pois entón non dubides en facerte cun exemplar e navegar polas súas páxinas...
Quen é Santiago Lopo?
Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para a televisión. Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Desde el 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traduccións.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Club de lectura en francés

Para a iniciación en lingua francesa contamos cun grupiño de 1ºESO, formado por Andrea, Cristina, Aranzazu, Matías, Pedro, Berto, Mariangélica, Emma, David, Antía, Marta e Sara.
Benvidos ó club de lectura!


Ata onde chega a nosa responsabilidade nas accións dos nostros pais? Pablo é o fillo menor dunha poderosa e adiñeirada familia española. Actualmente estudia en Suiza, coñeceu a Bettina, namoráronse e a vida sonríelles. Ata que o pai de Pablo é detido e encarcelado pola súa implicación nun caso de corrupción. Será entonces cando todos os principios de Pablo se tambaleen e na súa mente aparezan miles de preguntas: ¿que é peor, un ladrón ou un asasino? ¿O meu pai é un ladrón? ¿Todo o mundo pode ser un ladrón?
 Cal che parece o mellor libro da triloxía de A. Gómez Cerdá, titulada Las redes del silencio?

Dímelo con los ojos

Con esta novela, Alfredo Gómez Cerdá téndenos unha trampa, a mesma na que caen as súas protagonistas ó pensar que a realidade é so unha, a súa. Berta e Laia acaban de cumprir dazaoito anos e teñen un proxecto: recorrer Europa en Inter-Rail. Antes, Berta ten que conseguir baixar de peso e so coñece unha forma de facelo: vomitar despois de cada comida. Laia intenta convencela de que é unha loucura, de que é a súa saúde o que está en peligo. E logo está o diñeiro: para viaxar precisan algo de diñeiro. Pero cando ambas conseguen ese traballo de monitoras nun campamento de rapaces autistas, as prioridades cambian. Alí aprenderán a mirar máis alá de elas mesmas, a ver por outros ollos.

Rain man

martes, 29 de septiembre de 2015

GÚSTACHE  LER?



Alguna vez, despois de ler un libro, tiveches ganas de falar del con alguén?
 Non te quedes coas ganas!
                            
APÚNTATE Ó CLUB DE LECTURA
Para formar parte do club, NON FAI FALTA:
·        Mercar libros (préstachos o instituto)
·        Levar gafas (aínda que podes levalas)
·        Ser rapaza (aínda que podes selo)
·        Sacar boas notas (aínda que podes sacalas)
             No club de lectura, non se fan exames nin se cubren fichas.
Só queremos pasalo ben falando dos libros que imos lendo.

APÚNTASTE?

SE QUERES APUNTARTE Ó CLUB, ACUDE Á BIBLIOTECA no recreo LUNS, MÉRCORES ou VENRES.

viernes, 19 de junio de 2015

Hoxe no festival de fin de curso tivemos un agasallo moi especial. A visita de exalumnos e exalumnas, entre os que destacamos a presencia de Nuria Bouzas Antas, autora dun relato corto que gañou o primeiro premio do concurso nacional  de contos José Manuel Álvarez Gil. 

Nicolás Fernández Sobral levou a cabo unha enriquecedora entrevista, baixo a atenta mirada de todos nós, a Nuria,que durante catro anos nos acompañou nas andainas das estrelas do libro e que agora queremos amosarlle a nosa admiración polo premio acadado. Foi unha gozada poder ser partícipes deste momento tan especial...

Moitas gracias, Nuria, e esperamos que no vindeiro curso poidamos conversar contigo un pouco máis coa lectura do teu relato.

lunes, 18 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

A experiencia foi tan positiva, que repetimos... esta vez no CPI de Tenorio.
Os nenos e nenas de Educación Infantil compartiron tempo e espacio cos rapaces do noso club, gozando dun pequeno espectáculo de contacontos.






miércoles, 15 de abril de 2015

César Mallorquí sorpréndenos con esta novela que goza de tanto éxito.

Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva.




A PRÓXIMA SEMANA, A SEMANA DO LIBRO, COMEZAMOS CON ESTA LECTURA.

domingo, 1 de marzo de 2015

Las redes del silencio es una serie de libros en la que Alfredo Gómez Cerdá plantea una reflexión ética sobre nuestra sociedad. Después de la lectura de El rostro de la sombra el curso pasado, ahora inicamos la segunda novela de esta trilogía.


En Pasos de marioneta: ¿Qué pasaría si una chica de 16 años acusase a su profesor de violación? ¿Cómo reaccionaría él? ¿Y la familia de la chica? ¿Y su novio? ¿Y la opinión pública? ¿Y la justicia? Esto es exactamente lo que lo ocurre a MK, pero ella no se hace ninguna pregunta. Simplemente actúa. Como una marioneta guiada por unos hilos que no puede controlar.

lunes, 9 de febrero de 2015

O club de adultos da comezo con esta obra de Manuel Portas

Segundo Gonzalo Salgueiro, esta non é unha novela, ou alomenos non unha novela ó uso. Os personaxes pululan anónimos polas páxinas deste artefacto  narrativo coa mesma naturalidade coa que transitan polas rúas de Compostela, coincidindo á espera de que se abra o semáforo da Senra, tomando café no Airas Nunes, sen rozárense, sen se coñeceren case, como moito intercambiando unha distraída ollada impersoal. Gonzalo certamente ten razón. Mais non toda.
¿Qué opinades vos, prezados lectores e lectoras?
Mentras gozades coa lectura desta obra, podedes escoitar unhas pezas de Loaira, no CD que acompaña ó libro.

sábado, 7 de febrero de 2015

Imos de teatro...

En breves momentos... non podedes perder a oportunidade de ver actuar en directo a estes grandes artistas galegos.
No IES de Cotobade, organizado polo

Concello de Cotobade

miércoles, 28 de enero de 2015

O DÍA DA PAZ IMOS LIBERAR OS LIBROS VIAXEIROS PARA QUE INICIEN A SÚA ANDAINA POLO IES DE COTOBADE

O BOOKCROSSING CHEGOU Ó IES DE COTOBADE! 
Trátase dunha proposta de animación á lectura de máis impacto no eido internacional, pola súa difusión mediante a liberación dun libro en distintos lugares públicos, coa intención de que un posible lector o leve canda el e, despois da súa lectura, volva liberalo, o que facilita que o libro continúe a súa viaxe.
A fórmula para botar a andar esta proposta:
OS LIBROS VIAXEIROS
Tédelas instruccións na biblioteca. A modo de plano de metro, imos facer que os libros sexan liberados unha vez lidos, e deste xeito irán pasando por diferentes estacións ata chegar á estación central: a biblioteca.























jueves, 15 de enero de 2015

Stories of Other Worlds, H. G. Wells


A cargo da coordinación de Mª José Torres, os lectores de 3ºESO están gozando desta lectura.

A mountain climber, high in the Andes, 

falls into a strange valley. In London, a 

man is looking for a green door. A third 

man tries to help an unhappy ghost. Each 

of these exciting stories shows us two very 

different worlds. But which is better? And 

can we really be happier in another world?



martes, 13 de enero de 2015

BUZÓN DE SUXESTIÓNS

As estrelas do libro
Despois do descanso que supuxo o Nadal -aínda que os nosos lectores non deixaron de gozar da compaña dun bo libro-, agora recomezamos as nosas conversas semanais con dúas lecturas que de seguro serán do agrado de todos nós. Por un lado, a profesora Luisa compartirá impresións coa lectura dun libriño escrito en lingua inglesa (The tomorrow mirror); e por outro, Rosa intentará reflexionar cos rapaces a partir da lectura dunha peza teatral que raia entre a intriga e a moralidade. Trátase de La visita del inspector, de J.B. Priestley.


The tomorrow mirror


A profe de inglés Luisa coordina a conversa sobre esta enigmática historia.


Jason looks in the mirror and sees a bruise under his eye. Why can’t his school friends see it? Later, a ball hits him in the same eye. Now people can the bruise – and it hurts. Jason doesn’t understand…