domingo, 25 de noviembre de 2012

O AMOR... (taller de poesía con Lucía Novas)



O amor ole coma as galletas de canela
O amor soa ó bater das ondas do mar nunha noite de verán
O amor é delicado coma os pétalos das flores e esponxoso coma o biscoito.
O amor é doce coma as gominotas e saboroso coma o chocolate desfacéndose na boca
Carla Rey Suárez

Amor, amor…
Ole a pan recén feito
No queimar da madeira

Amor, amor…
Óese ao lonxe, como un eco,
Nun regato que quere abrirse paso.

Amor, amor…
Seu tácto é estremecedor
Recolle o corazón
E méceo con paixón.

Amor, amor…
Ten un grato sabor
Doce e consolador
Con el sácase as penas e a dor

Irene González Ferreiro

O amor cheira a rosas
Recén nacidas na primavera.

O son do amor
É como un murmullo apaixonado
Que che di o teu amado.

O tacto do amor
É tan, tan suave,
Que mesmo parece
O dunha flor.

O sabor do amor
É como o dunha piruleta
Entregada,
De forma apaixoada.

Cristina Gómez Gómez

O amor cheira coma un campo de herba cuxo olor vai voando ata chegar aos pulmóns.
O son do amor relaxa, é coma unha noite de chuvia ou as ondas do mar.
Tocar o amor sería coma tocar algodón, un tacto suave á vez que lixeiro.
O amor sabe coma unha tira de chocolate doce se che corresponde, ou coma beber un vaso de ácido vinagre se non che corresponde.
Lidia Martínez

O amor desprende un olor a rosas, e todas esas flores fermosas.
Eses pequenos paxariños, que pían nas tardiñas do verán soan a amor.
Tocar o amor é coma sentirte no aire tocando un anaquiño de ceo, ou estar mergullado nun mar de auga doce, ou cando te deitas na area, sentindo os raios do sol na fronte.
Sabe a eses doces, que ó principio te enriquecen e ó chegar un certo tempo acaban amargando.
Fátima Albariño

O amor á coma unha rosa moi delicada.
O amor é coma unha bonita melodía que non deixa de soar.
O amor é coma unha tea de veludo.
O amor é coma un bombón.
O amor é coma unha pomba que voa polo ceo.
Lis Vallori Cerqueira

O olor do amor é como o das rosas, o da chuvia ó caer nun día de verán.
O son do amor é algo que non te esperas, como a música que máis che gusta.
O tacto do amor dáche desprevenido, cando ti menos o esperas.
O sabor do amor é un sabor marabilloso, coma o azucre das gominotas e os caramelos.
Miguel Novoa Cuiñas

O olor do amor é como a vainilla.
Soa como as ondas rompendo na praia.
Ten un tacto suave coma a seda e sabe a bicos de gominota.
Tania Bugallo

O olor do amor é como o olor dun campo de lavanda.
O son do amor é o son do mar nunha tarde de outono.
O tacto do amor é suave como as nubes de algodón.
O sabor do amor é doce como o sabor do chocolate.
María Alonso Laredo

O olor do amor é como o olor do chocolate.
O son do amor é como o son que fai o mar cando está tranquilo.
O tacto do amor é como tocar veludo e un peluche.
O sabor do amor é como comer unha comida que che gusta, unha sobremesa.
Ana Muñoz Vilariño
O amor é o recendo da vida, cheira a rosas, a menta
E as cousas da natureza, á chuvia sobre a terra ou ao efecto do sol sobre as plantas.
O son do amor é como o canto do ruiseñor, coma o cantar do vento nas follas das árbores.
O tacto do amor é como tocar unha nube no ceo, suave, branda e delicada, algo que hai que coidar.
O sabor do amor é como un limón, condimenta a túa vida pero, cando non é correspondido, son coma pingas do seu zume amargo no corazón.
Nuria Bouzas Antas

O amor cheira a unha rosa,
Unha rosa moi encarnada
Unha rosa libre
Unha rosa destinada.

O asubío dos paxaros,
A voz do vento,
O bruar das ondas,
É o meu sentimento,
Ti es a miña musa,
A miña inspiración
A raíña que reina
O meu corazón.

O que ama e é amado
Síntese apreciado
O que ama e non é querido
Sinte en sí un alarido.

O tacto do odio
É unha desesperación,
Unha ferida que lastima
O fondo do teu corazón.

O tacto do amor
É unha alegría sen fin de expresión
Un bico na meixela
É un sentimento dende o corazón.

Nicólás Fernández Sobral

O olor do amor é como o arrecendo á herba recén cortada, como o café recén feito.
O son do amor é como o pío dos pequenos paxaros pola mañá cedo, o son inquedo dos gritos no verán.
O tacto do amor é como a auga mariña que encontras cando te bañas.
O sabor do amor é como os doces, como o chocolate, a vainilla, os xeados.
Ángela Fernández Sobral

O amor cheira a esperanza
Cheira a unha flor inventada.
A unha flor de moitas cores
De cores que semellan alegría.

O amor soa ao teu riso
Soa ás cancións que cantas pola mañá,
Á mellor melodía que poida existir
A unha melodía que te leva ata as nubes.

Co amor sentes cousas fermosas
Sentes que soltan dentro de ti unha caixa
Unha caixa que ten dentro bolboretas de mil cores
De mil cores que significan amor.

O amor sabe a un sabor novo
Un sabor oculto, diferente para cada persoa
Hai que buscalo, hai que atopalo
O seu sabor, ten o teu encanto.

Anónimo

O amor cheira a flores da ribeira,
a fíos de fiandeira,
á choiva da primavera.
O amor cheira ao rocío sobre a leira.

O amor coa coma a tronada
Cando non se sinte nada,
O amor soa coma o asubío dos paxaros
Cando se está namorado.


O tacto do amor séntese cando tocas as suaves ondas do mar ou as nubes brancas no ceo azul.

O amor é amargo cando non é correspondido e é doce coma o azucre cando se sinte de verdade.
Anónimo

LA MÁSCARA DE HOMBRE LOBO

En 1ºESO continuamos con una nueva lectura. En este caso se trata de una colección de 8 historias de miedo.

PARA LOS PADRES, UNA OBRA DE TEATRO DEL SXX

Continuamos con una comedia de José Luis Alonso de Santos.
Situada en el Madrid de los años 80, Bajarse al moro es una comedia de jóvenes que buscan su sitio en el mundo. Con humor e ironía, no exentos a veces de amargura, José Luis Alonso de Santos nos muestra a unos personajes que se debaten entre la marginalidad y la integración, así como el lenguaje vivo de la calle, el habla coloquial y la jerga marginal de una parte de la juventud, reflejo de la realidad social de una época.

MALTRATO ANIMAL

VENRES 30, NO RECREO, NA BIBLIOTECA
CONFERENCIA SOBRE
MALTRATO ANIMAL
A CARGO DE ÁNGELA FERNÁNDEZ SOBRAL

martes, 20 de noviembre de 2012

VIOLENCIA DE XÉNERO

VENRES, 23 DE NOVEMBRO, NA HORA DO RECREO, NA BIBLIOTECA

CONFERENCIA SOBRE 
VIOLENCIA DE XÉNERO


A CARGO DE NOELIA DOMATOS SUÁREZ (3ºA)

domingo, 18 de noviembre de 2012

autógrafos e dedicatorias

Clara Usón estará o vindeiro xoves ás 19.30 na librería Cronopios. Recordade que desta autora lemos o libro Corazón de napalm.

LUCÍA NOVAS... en Cotobade!


A neve nace nas altas montañas, nos mananciais
ennobelados, nos cumios esguíos.

A neve viaxa en tanques de crital, en vasos
de coiro, en vidros finísimos, en ánforas
de sede.

A neve é agasallo, té de chafarís, tenda
de folerpas.

A neve é caricia
neste tempo de conforto.


Este martes día 20 imos contar coa presencia da filóloga e poetisa Lucía Novas, para impartir un taller de poesía que seguro vos gustará. Actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega nun instituto de ensino secundario de Baiona. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. A súa última obra publicada, Neve.

DESCUBRIENDO NUNCA JAMÁS

Historia basada en la vida de James Barrie, el autor de "Peter Pan". Ambientada en Londres, en 1904, muestra el proceso que dio lugar a la creación de Peter Pan: desde que a Barrie se le ocurrió la idea hasta el estreno de la obra en el teatro Duke de Nueva York, en una noche en la que no sólo cambió su vida, sino la de todos los que estaban con él

INTERCEPTADAS EN EL ESTRECHO CINCO LANCHAS NEUMÁTICAS CON INMIGRANTES AFRICANOS

Hombres que no tenían      ni  para alimentar a sus hijos,
se arriesgaron por su familia     por la vida de sus niños,
no serían fuertes guerreros     ni be buena cuna nacidos,
pero tenían más valentía     que el Cid Campeador y sus amigos.
Se montaron en las pateras,     abandonaron a seres queridos,
dejaron atrás su tierra     para llegar al país vecino.
Querían cruzar el Estrecho     aun conociendo su destino;
ya que sabían que muchos      se quedarían por el camino.
Después de algunas tormentas      y algunos soles caídos,
los valientes y fuertes hombres     avistaron su destino,
pero un trágico accidente     los paró en su cometido,
su patera se hundía     ¡Qué fatídico sino!
Sin embargo uno de ellos,     en buena hora nacido,
dejó de lamentarse      y actuó con atino,
cogió un móvil y avisó     a aquellas costas españolas que habían visto.
Obviamente, venían ilegales,     y tal vez serían mal recibidos,
pero eso les daba igual     porque ¡habían sobrevivido!
Y yo creo que España     debería aprender de esos negritos,
que darían su vida     por vivir como vivimos
así que dejemos de quejarnos     y ¡afrontemos el peligro!
Nuria Bouzas Antas, 3ºA

sábado, 10 de noviembre de 2012

CINEFORUM


 
Este xoves día 15 de novembro, o club de lectura invítavos á reproducción cinematográfica de Corazón de Tinta. Será ás 15.40 h, na biblioteca do intituto. ¡Anímate a vir!

Durante unha sesión...



viernes, 26 de octubre de 2012

Unha novela na que se unen los ingredientes necesarios para facela enormemente atractiva: hai intriga, misterio, amor, amizade, fenómenos paranormais, tensión...
 A historia xira en torno a Valeria Oriol, unha xove que se ve obrigada a cambiar de lugar de residencia en compañía da súa nai recén separada. Valeria vai vivir a unha vila dos Pirineos encantador, fermoso, no que todo o mundo se leva bien...demasiado bien... 
A lucense Marta Rivera de la Cruz escribiu unha novela que te atrapa desde o primeiro momento, e resultaráche difícil deixala.
O ritmo narrativo é áxil, a tensión está moi ben dosificada, con momentos de clímax, seguidos de pequenos respiros que te levan de novo á acción. Como a mesma autora recoñeceu, pódese percibir un grande influxo da novela policiaca tradicional, na que o misterio está dosificado de tal xeito que fai que o lector se interese e faga as súas propias reflexións.


jueves, 18 de octubre de 2012

Chega o día de difuntos... ¿Quen nos vai amedrentar cun apaixoante relato curto, terrorífico, sanguinario...? Participade no concurso de relatos de terror que se organiza no centro. Participade tamén na elaboración de saborosos doces. Participade, ademáis, na creación de orixinais e aterradoras cabazas... O 31 de outubro, no IES de Cotobade.

viernes, 12 de octubre de 2012

No club de adultos imos comezar próximamente coa lectura de La maestra de piano. Esperamos sexa do voso agrado.
Casada con un funcionario destinado en Hong Kong, Claire Pendleton llega a la colonia británica con el entusiasmo y la ingenuidad propios de una joven dispuesta a descubrir un mundo diferente. Al poco tiempo, cuando una prominente y acaudalada familia china la contrata como maestra de piano de su pequeña hija, Claire se ve inmersa en la embriagadora vida social del lugar y, fascinada por un ambiente tan ajeno a sus orígenes...
Onde a poesía de Antonio Machado se funde coa paixón polos Backstreet Boys. Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.

Lee todo en: Caminante no hay camino - Poemas de Antonio Machado http://www.poemas-del-alma.com/antonio-machado-caminante-no-hay-camino.htm#ixzz2AQmu84tR

NICK

Os máis novos do instituto están a ler "O misterio das badaladas", de Xabier P. Docampo. ¿Queredes deixar a vosa opinión sobre o libro?
TIN-TAN-TIN-TAN-TIN-TAN-TIN-TAN-TIN-TAN-TIN-TAN-TIN-TAN...TIN
Na vila de Eiranova instalan un novo reloxo na torre da igrexa. Os cidadáns están contentos de que funcione tan ben. Pero ás doce da noite o reloxo dá trece badaladas en vez de doce, e os cidadáns estrañados esperarán ao día seguinte e ... (Miguel Novoa Cuiñas)

O mércores 24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA “ANTONIO ODRIOZOLA”


CON INSCRICIÓN PREVIA, A PARTIR DO DÍA 15 DE OUTUBRO (2O PERSOAS)

HORARIO: DE 18:00 A 20:OO H.

LUGAR: SALA OBRADOIROS

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Este xoves 20 de setembro, ponse en marcha un ano más o noso club. Se sintes curiosidade, achégate na hora do recreo á biblioteca.
Este xoves. ¡Anímate!
No outono:
sementaban letras para
que medrasen contos.

No inverno:
debuxaban flores nos
paraugas para non
esquecer a primavera.

Na primavera:
poñían sementes nos
seus petos ata que lles
medraban árbores na roupa.

No verán:
camiñaban pola area e
poñíanse calcetíns para
formaren unha praia dentro
dos zapatos.

María José Ferrada Lefenda en "Un mundo raro". www.kalandraka.com

domingo, 24 de junio de 2012

EMILI TEIXIDOR: "Las palabras son las gafas del cerebro"

http://www.lavanguardia.com/libros/20120624/54316193899/emili-teixidor-palabras-gafas-cerebro.html

Emili Teixidor, fallecido el pasado martes a los 78 años, concedió a La Vanguardia una de sus últimas entrevistas. En ella habla de cómo sólo a través de la lectura podemos llegar a las partículas más íntimas de nuestra alma, de cómo motivar a los más jóvenes a leer, de la importancia de los clásicos y de la necesidad y las bondades de apoyar nuestra cultura. 

sábado, 26 de mayo de 2012

Una novela de Christine Biernath

Sandra está convencida de que su padre es el tío más genial del mundo. No solo la comprende mejor que nadie, además es divertido y casi siempre súper enrollado. Todo lo contrario que su madre.
De hecho, no entiende cómo su padre aguanta a una mujer tan torpe, que es un desastre en la cocina y se lesiona cada dos por tres haciendo las tareas de la casa. ¿Por qué entonces su hermano Benny sale siempre en su defensa?
Pero llegará el día en que Sandra descubra otra faceta de su padre…
La autora | Christine Biernath nació el 4 de marzo de 1961 en Weilheim an der Teck (Alemania). Trabajó durante muchos años como secretaria, pero tras su matrimonio y el nacimiento de su hijo Christopher, se dedica exclusivamente a la escritura.

jueves, 10 de mayo de 2012

CHOCOLATE AMARGO, Mirjam Pressler

¿Algunha vez pensaches que eras distinta ó resto por eses quilos de máis?
OS RELATOS SELECCIONADOS NO CONCURSO LITERARIO DO DÍA DO LIBRO (23 abril)

1º premio:
"Verano mágico": (Cerdeira: Fanny Bourdon, 4º)
2º premio:
"Un día plomizo": (Innocencia: Irene González Ferreiro, 3ºA)
3º premio:
"O segredo desvelado na casa da avoa": (Enana: Fátima Alvariño)

Participantes non seleccionados:

- "Un día especial: el 23 de abril": (Arándano) Cristina Gómez Gómez (3ºA).
- "Venganza": (Samy) Carla Rey (3ºA).
- "Ahora es momento de volar solos": (K-Lúa) Mayka Cortizo (4º).
- "O bico da serpe": (Cynthia) Jéssica Fentanes (4º).
- "La prueba definitiva": (GA717187) Ángela Fernández Sobral (2ºA).
- "El caso de Luis": (Bugs Bunny) María Casal Chan (4º).




DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Concurso literario de relato breve en galego. O faio daráse o día 16 durante o recreo.

sábado, 14 de abril de 2012

BAJO LA ARENA DE EGIPTO: El misterio de Tutankamon

El Valle de los Reyes, 1922. Durante cinco años, Howard Carter ha estado excavando la arena egipcia siguiendo las huellas del misterioso Tutankamón. Tiene la sensación de que su vida está íntimamente ligada a la del faraón.
Philippe Nessmann

domingo, 1 de abril de 2012

novidades

SE VISITÁDELA BIBLIOTECA PODEREDES ATOPALOS ÚLTIMOS TÍTULOS NA SECCIÓN DE NOVIDADES. AÍ VAN ALGUNHAS SUXERENCIAS:

CONCURSO LITERARIO DÍA DO LIBRO

XA FALTA MENOS PARA O DÍA DO LIBRO... RECORDADE QUE PODEDES PARTICIPAR COS VOSOS RELATOS, DE TEMA LIBRE, E TER A OPORTUNIDADE DE SER UN DOS TRES FINALISTAS. O PRAZO REMATA O VENRES DÍA 13. PODEDES CONSULTALAS BASES DO CONCURSO NO TABOLEIRO DO IES. ¡ANIMÁDEVOS!



FEIRA DO LIBRO

Participa na feira traendo os libros da túa casa para intercambialos por outros exemplares. ¡Verás que divertido! Por cada libro darémosche un vale.

domingo, 18 de marzo de 2012

Literatura Infantil y Juvenil
La Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes inauguró el viernes un portal dedicado a Jordi Sierra i Fabra con datos de su vida, obra, estudios, imágenes y enlaces relacionados con el escritor:

sábado, 17 de marzo de 2012

CONCURSO LITERARIO NO DÍA DO LIBRO. PARA CONCURSAR TÉS QUE VOTAR A VOAR A TÚA IMAXINACIÓN E PARTICIPAR CUN RELATO, TAL E COMO SE INFORMA NAS BASES QUE ESTÁN COLGADAS NO TABOLEIRO DO INSTITUTO. HABERÁ AGASALLOS PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES. ¡NON DEIXES ESCAPAR ESTA OPORTUNIDADE! ¡PARTICIPA!
"Cordelúa" é unha historia de amor, intriga e aventura que engancha ó lector desde
as súas páxinas iniciais. As historias paralelas fan que nos involucremos nas vidas
dos personaxes e percibamos os sentimentos que neles van nacendo.
É unha lectura amena, interesante e didáctica. Ó mesmo tempo que o lector
disfruta da lectura vai adquirindo sin saber coñecementos históricos.

jueves, 8 de marzo de 2012

ENGURRAS



A obra de banda deseñada, Engurras, está á vosa disposición.



A amizade entre dous anciáns ingresados nun xeriátrico vese ameazada pola sombra da doenza do Alzheimer. Longametraxe de animación 2D para adultos baseada na BD de Paco Roca que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008. Proxectada o 19/9/11 no Festival de San Sebastián. Estrea nas salas comerciais españolas prevista para primeiros de 2012, aínda sen concretar.



VERANO EN VAQUEROS



Xa tedes á vosa disposición a colección de Verano en vaqueros. Esperamos que sexa do voso agrado...

martes, 14 de febrero de 2012

E O GAÑADOR É....

Xa temos gañadores para este primeiro certame dos SMS DOS NAMORADOS!
1º premio: Álvaro Búa Fontán (2ºA), agasallado cun lápiz de memoria de 16 Gb.
2º premio: Noelia Domatos (2ºA), agasallada cun lápiz de memoria de 8 Gb.
3º premio: Carla Rey Suárez (3ºA), agasallada cun lápiz de memoria de 4 Gb.
3º premio: Alexandra Leboso Francisco (1ºB), agasallada cun lápiz de memoria de 4 Gb.


A tódolos demáis participantes, esperamos que vos deleitedes coa brocheta de gominolas.


Moitas gracias a todos por participar!


Esperámosvos na vindeira cita, para o Día do Libro.

SAN VALENTÍN

Chegou o gran día! Hoxe no recreo saberemos quen son os gañadores do concurso de San Valentín! Achégate á entrada do instituto e saberás se es ti un dos afortunados. Ademáis, lembra que só por participar levarás un delicioso agasallo. Esperámoste!

domingo, 5 de febrero de 2012

CONCURSO SMS SAN VALENTÍN

No día dos Namorados imos celebrar un concurso creativo-literario. Para participar tan só basta cunha mensaxe de amor en formato sms do máis orixinal.
Anímate a participar. Os tres sms máis creativos levarán un sorprendente agasallo. Ademáis tódolos participantes contarán tamén cun pequeno e sabroso agasallo. biqñs p t2!!
Bótalle un vistazo ó diccionario galego de sms que podes atopar no blog de normalización lingüística do IES de Cotobade.

Presenta o teu traballo na secretaría antes do 7 de febreiro.

martes, 17 de enero de 2012

martes, 10 de enero de 2012

Operación Beowulf



Estas Navidades hemos compartido esta lectura de intrigas...




¿Os ha gustado?





"Y Laura sostenía con ambas manos a Hrunting, la espada del héroe Beowulf, que ahora lucía una fresca mancha roja en su filo".