miércoles, 19 de septiembre de 2012

No outono:
sementaban letras para
que medrasen contos.

No inverno:
debuxaban flores nos
paraugas para non
esquecer a primavera.

Na primavera:
poñían sementes nos
seus petos ata que lles
medraban árbores na roupa.

No verán:
camiñaban pola area e
poñíanse calcetíns para
formaren unha praia dentro
dos zapatos.

María José Ferrada Lefenda en "Un mundo raro". www.kalandraka.com

No hay comentarios: