jueves, 20 de diciembre de 2018

domingo, 4 de noviembre de 2018

O mércores 24 de outubro para celebrar o día das Bibliotecas escolares toda a comunidade educativa pasaron pola Biblioteca ó longo da mañá para nunha sesión deseñar a portada da súa lectura favorita. Cada grupo foi acompañado polo profesorado implicado na Biblioteca e fomento da lectura.
Velaquí o resultado!
As 93 portadas están expostas no corredor da Biblioteca.


domingo, 7 de octubre de 2018

Primeiras lecturas



Comezamos este mes de outubro coas primeiras lecturas grazas ó profesorado voluntario que sigue fiel ano tras ano ás reunións do Club.

viernes, 5 de octubre de 2018

Xa estamos de volta!

Seguimos sumando! 

Este curso contamos con 24 novos integrantes de 1ºESO dos 27 matriculados no primeiro curso no noso centro. 
Todo un éxito que se debe á difusión e reclamo feito polo propio alumnado de cursos anteriores que sigue fiel á xuntanza.

Un total de 48 Estrelas formarán parte dunha nova aventura e intercambio de emocións



domingo, 1 de julio de 2018

Memoria de actividades do curso 2017/2018

Despedímonos ata o curso que ven cunha memoria das actividades realizadas ó longo do curso!

 

Gazas a todos os participantes e profesorado mediador e motivador!!
  • Lecturas en galego:
  • Carlos Morgade (Dpto de normalización lingüística e de Ciencias Sociais)
  • Patricia García (Dpto de Relixión) 

  • Lecturas en castelán
  • Rosa García Otero (Dpto de Lingua e literatura Castelá)
  • Carina Vales Rey (Dpto de Lingua francesa)

  • Lecturas en inglés:
  • Luisa Cousillas. (Departamento de Inglés).
  • Victoria Carrera. (Departamento de Inglés e Responsable da Biblioteca).
  • Actividades artísticas (decorado, ilustracións, marcapáxinas).
  • Beatriz Pérez. (Departamento de EPV).

  • Actividades dixitais (blog, videoreseñas, booktrailers, fotografía, carteis, difusión).
  • Carina Vales (Coordinadora do Club).


jueves, 14 de junio de 2018

Participación na XI Xornada dos Clubs de Lectura.

Como vén facendo estes últimos anos, o pasado venres 1 de Xuño o IES de Cotobade asistiu a XI Xornada dos clubs de Lectura en Compostela.

Tomando nota das diversas experiencias de diferentes coordinadores de EOI, IES ou CEE así como dos escritores e especialistas convidados, voltamos cun remuíño de ideas de posible aplicación para o noso Club e sobre todo cunha nova dosis de entusiasmo e enerxía necesaria ó achegarse o final de curso.

Tras recibir das mans do Conselleiro, Román Rodríguez, o premio dos Clubs de Lectura 2018, Carlos Negro abriu a XI Xornada coa lectura de O poema é. 
O fabuloso acróstico foi agasallado a todos os asistentes en forma de marcapáxinas. Pois non se me ocorre mellor maneira de comezar as Xornadas. 

Carlos Negro, rematou a súa ponencia "A poesía é un animal escondido" coa seguinte reflexión:

"Necesitamos menos estándares e máis estandartes de liberdade".

A valoración das distintas intervencións, ponencias e encontros nos obradoiros foi novamente positiva.
Agradecemos a Julio Abalde coordinador de varios clubs de lectura por compartir a súa experiencia e pola presentación exhaustiva dunhas recomendacións de lectura ó rematar a mesa temática: "Estratexias para a selección de lecturas".

O noso agradecemento a todos os ponentes e Centros participantes polo seu traballo e axuda e a todos os que fan posibles estes encontros.

lunes, 21 de mayo de 2018

María Victoria Moreno na Biblioteca do IES de Cotobade.


Co galo das Letras Galegas o alumnado de 1ºESO participou na decoración do espazo da Biblioteca dedicado a María Victoria Moreno tralas lecturas no club de Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise.
Nunhas mans alzadas en defensa da liberdade e do uso da lingua galega en tódolos ámbitos e espazos, escribiron fragmentos de diversas obras de María Victoria Moreno, da súa elección.
O alumnado de 4ºESO recrearon dúas caricaturas da autora coa axuda de Beatriz Pérez, profesora de EPV do noso Centro.
Ilustramos a cita de María Victoria con copias dalgunha fotografía de R.M. Anderson. 
Velaquí o resultado!




 

domingo, 6 de mayo de 2018

Non leas. Fran Alonso.


Preparando o día das Letras Galegas.

Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ponse a disposición do profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora. 
Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.
Este cartel, que se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3, chegará en formato impreso a todos os centros de Galicia en breves datas.
Agardamos que sexa un material útil e que poida axudar no labor do profesorado e das bibliotecas escolares por conseguir vincular ao alumnado á lectura en galego, a través de textos  dos nosos autores e das nosas autoras e, moi especialmente neste ano, a través dos libros de María Victoria Moreno

viernes, 27 de abril de 2018

3º/4ºESO e Anagnórise.

As 15 Estrelas do Club de 3º e 4ºESO inician a lectura deste trimestre cunha novela de María Victoria Moreno.

Para iniciar o trimestre cunha lectura na nosa lingua que mellor que comezar cunha novela da cuarta muller homenaxeada no Día das Letras galegas 2018 despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), e María Mariño (2007).

Resultado de imagen de anágnorise maria victoria morenoAnagnórise. Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega.

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche.

Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

Esta volta, a lectura será guiada polo profesor Carlos Morgade xefe do departemento de Normalización Lingüística, historiador e amante da nosa lingua que impulsa e promove a lectura en galego en toda a comunidade educativa.
"(....)Que a lingua non sexa unha barreira á hora de elixir un libro, os rapaces deben poder ler en calquera das dúas linguas, coa mesma facilidade, grao de comprensión e deleite."

2ºESO e 22 segundos

Este trimestre, o grupo de 2ºESO inicia a lectura no club coa novela 22 Segundos de Eva Mejuto.

Resultado de imagen de 22 segundos O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.
Achegar os lectores a unha realidade, case descoñecida pola meirande parte dela, suscitou numerosos debates entorno a transexualidade. A profesora mediadora desta novela, Victoria Carrera e coordinadora da nosa Biblioteca considera que aínda queda moito camiño por percorrer para un cambio de mentalidades. Segue sendo un tema tabú e de dificil aceptación ou comprensión por parte do alumnado. Un traballo de concienciación que seguiremos facendo a diario nas aulas. 

Rematada xa a lectura traballarán coa seguinte ficha ofrecida pola Editorial Xerais na procura dun maior afondamento na temática.

1ºESO e O Corazón de Xúpiter.

Lemos en galego?

Os tres grupos do club das Estrelas do Libro inician o terceiro trimestre con lecturas na nosa lingua.

Resultado de imagen de o corazon de xupiter
O acoso a través de Internet: O Corazón de Xúpiter. 

Tras ter lido a novela de "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas, os 14 lectores do primeiro curso da ESO inician este trimestre a lectura de "O Corazón de Xúpiter" da autora viguesa. Adiantados na metade da novela xa se amosan intrigados polo seu desenlace.
O Corazón de Xúpiter entretén, denuncia e fai reflexionar sobre diversas realidades e preocupacións sociais, cercanas ó público xuvenil coma o ciberacoso, a homosexualidade ou as drogas.
Os debates que van xurdindo durante as sesións son unha excelente ferramenta para reforzar a educación en valores e así nolo fai chegar ó longo das reunións Patricia García, profesora de relixión e mediadora desta novela.
Grazas Patricia pola túa implicación e compromiso!

lunes, 23 de abril de 2018

Día do Libro. Abril 2018.

 
Celebramos o día Internacional do libro cunha exposición de lecturas do mundo baixo o lema "Pasea polos libros, le o mundo". Animamos a que completedes a exposición coas vosas lecturas favoritas. Comparte experiencias, comparte libros!

lunes, 2 de abril de 2018

Día internacional do Libro Infantil



Coma en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Peterson, recoñecido debuxante deste país báltico. 

Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic». Procuraremos animar ao alumnado de 1º e 2ºESO do noso Centro.

BASES DO CONCURSO. UN CONTO DE ANDERSEN EN CÓMIC

viernes, 9 de marzo de 2018

Exitosa visita de David Lozano Garbala.


Martes 6 de marzo, 12.45...

Impaciente, ansiosa e un pouco nerviosa, a comunidade lectora do IES de Cotobade agardaba con impaciencia a chegada de David Lozano na Biblioteca do noso Centro.
Todo estaba preparando, mesas, cadeiras, decorado, tarta de benvida, vídeoreseña e  tráiler dunha novela.
Tratamos de crear un ambiente distendido cun cadro orixinal recreando con cada detalle as novelas do convidado. 
Dende un reloxo tuneado coa portada do "Ladrón de Minutos" ata unha porta forrada coas novelas mais salientables de David.
Ademais creouse unha zona de Photocall, con pinturas, fotografías e debuxos das novelas "Valkiria" e "Cielo Rojo" realizados polo noso alumnado e dirixido por Beatriz Pérez, profesora de EPV e Carina Vales, coordinadora do Club de Lectura. 
Case tras un mes de preparación, todo estaba listo para súa visita.



Un total de 40 estudantes participaron na entrevista, é dicir o 50% do alumnado matriculado no noso Centro. Todo un éxito e orgullo para as coordinadoras da Biblioteca e Club de Lectura, así como para o profesorado participante no Club ao longo do curso.



O convidado foi sorprendido pola preparación da escenificación do encontro, especialmente pola orixinalidade da tarta, coa portada dunha das súas novelas. 


Lectores e escritor puideron compartir e "devorar literalmente" a deliciosa novela. A súa visita marcou un antes e un despois no noso Centro, no que cada día se esgotan os préstamos das novelas de Garbala. 
Unha emocionante e inesquecible visita. 

Parabéns a todos e todas!




DESCOÑECIDOSAgardamos con impaciencia a próxima visita do autor Zaragozano que xa ten publicado a tradución da súa última novela a nosa lingua : 


"Descoñecidos" (Rodeira, 2018)

Nova adquisisición do club de Lectura (5 exemplares en galego e 5 na lingua castelá orixinal).