viernes, 28 de febrero de 2020

Rosalía de Castro, Estrela HD 149143

Algunha vez esqueciches o aniversario de alguén importante para ti? Non te preocupes. Ás veces, pasa. E, ás veces, o que pasa é que "non nos dá a vida", como se di nestes tempos. 

Que pasou?
Nada irreparable.

O pasado luns 24 de febreiro cumpríronse 183 anos do nacemento de Rosalía, a nosa Rosalía. 

Ese día nós andabamos a correr o entroido. 

(Con asalto e voda )


Aínda así, catro estrelas foron convocadas a unha xuntanza de urxencia. 














E, guiándose pola Estrela Polar, digo, por Bea Pérez, velaquí o que lles saíu dos pinceis:



Tranquila, Ángela, os accidentes acuáticos da aula de Plástica quedan na aula de Plástica. Rosalía perdóate e nós, tamén. 

Pero non pensedes que a cousa queda en facerlle un mural Pop Art á nosa autora máis universal (sen ánimo de ofender a dona Emilia Pardo Bazán). Pero iso, mellor, contámolo outro día. 








miércoles, 12 de febrero de 2020

Xa o dicía Epicteto de Frixia

"Nas festas acórdate que tés dous invitados: o corpo e a alma. O que lle deas ao corpo valo perder"


Supoñemos que, despois de correr con Guenet, haberá que repoñer forzas.

Bo proveito, rapaces!
(tanto polo refrixerio como pola lectura)

jueves, 6 de febrero de 2020

Preparando o 11 de febreiro


Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos fondos que a biblioteca "Nélida Piñón" do IES de Cotobade ten sobre mulleres científicas.