miércoles, 31 de enero de 2018

2018. Novas lecturas.

Comezamos o ano e este segundo trimestre coas lecturas das obras de David Lozano que recibiremos no mes de Febreiro á volta do Entroido.
Comezamos a preparación  do encontro cos tres grupos do Club de lectura repartindo as seguintes novelas:
Cielo rojo.
Donde surgen las sombras. 
Herejía.
Valkiria. Game Over.
Están recopilando información sobre o autor e preparando unha entrevista para o día do encontro. 

David Lozano Garbala (Zaragoza,1974), licenciado en Dereito, con estudos de Filoloxía hispánica e Máster en Comunicación pola Universidade Pública Miguel Hernández de Elxe, exerceu como avogado, e desde 1998 dedícase profesionalmente á escritura, o que compaxinou un tempo coa docencia no bacharelato do colexio Santa María do Pilar de Zaragoza. Participou como actor en diversas curtametraxes e colaborou coa cadea de televisión Zaragoza TV: durante dous anos dirixiu e presentou o programa Depredadores e despois fíxose cargo do divulgativo En poucas palabras. Tamén colabora como guionista para algunhas produtoras, con documentais, programas de TV, ou vídeos corporativos. Foi contratado polo produtor Andrés Vicente Gómez como guionista para a adaptación do viaxeiro, primeira parte da súa triloxía La puerta oscura
En 1998, publicou a súa primeira obra El último huésped e no 2001, La senda del ébano. En 2006 gañou o XXVIII Premio Gran Angular de literatura xuvenil, coa novela Donde surgen las sombras.  Entre 2008 e 2009 publicou a triloxía La Puerta Oscura (1: El Viajero; 2: El mal; 3: Réquiem). En 2011, Cielo Rojo, en 2012, el librojuego Escape del Titanic, en 2013, Herejía, en 2014, Hyde, en 2015, Safari en África, libroxogo e Hidra. No dúas novas novelas 2016, El ladrón de minutos e Valkiria. Game Over.
Constante, apaixonado, intenso e incansable.   Estes días recibiu o premio Edebé de Literatura Xuvenil pola súa novela Desconocidos.

Lo que ofrecen los libros no tiene precio. ¿Aspiráis a entender el mundo, a llegar lejos, a conoceros a vosotros mismos? La lectura es el camino. Nada sale más rentable que leer, créeme. Te hace mejor. Y vosotros -señaló el profesor Vidal- estáis a tiempo de descubrirlo. Aquí y ahora. La cuestión es si estáis dispuestos a apostar.    Profesor Vidal. HYDE.