martes, 23 de septiembre de 2014

novedades en la biblioteca




La ratonera

Fai uns anos gozamos xa da lectura desta magnífica obra teatral. Anos máis tarde queremos revivir a experiencia de intentar descobrir ó misterioso asasino. Ágatha Christie, unha vez máis, fainos perder a paciencia, e sobretodo devorar o libro ata dar co culpable de toda a trama. Moitos non puidestes resistirvos a ler soamente o primeiro acto, de xeito que o próximo xoves comentaremos a totalidade da obra, salvo que finalmente alguén non o dese acabado, loxicamente. Tampouco se trata de desvelar o segredo tan ben gardado.

Aí vos deixo unha preguntiña para que vaiades aportando cousiñas...:

¿Quen era o voso principal sospeitoso?

Malditas matemáticas

"Alicia no país dos números" introdúcenos no universo da lóxica matemática e da paisón do novelista e matemático Lewis Carrol, da man do seu autor, Carlo Frabetti.

O grupo de 1º-2º ESO os mércores podedes formular e despexar dúbidas, comentar ideas, manifestar opinións... O profesor Iñaki acompañaravos nesta aventura a través dos números. 


Gozade da lectura... e especialmente da compaña!!!

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Un ano máis as estrelas seguimos a nosa andaina polo universo da lectura na boa compaña.
De momento catro rapaces máis se animan a asistir ó club, e ademáis contamos coa inestimable participación de estrelas xa veteranas.

En primeiro da ESO: Jaiza, Samia e Nuria González

En segundo da ESO: Nuria González, Lis Vallori, Iria García Porto, Leila, Nuria 
Bugallo, Gabriela Cores e Adrián Esperón


En terceiro da ESO: Sara Caballero, Nicolás, PatriciaRut, Ángela, Ana Muñoz, María Paz, Alba Tajes Alba Ramos.

Agardamos que as lecturas e os momentos compartidos sigan sendo do voso agrado.

Este ano como novidade especial imos contar coa participación de profesores de distintas materias (ciencias, francés, matemáticas, música, inglés, castelán, sociais e orientación). As lecturas realizaranse nas catro linguas que se estudian no centro: castelán, galego, inglés e francés.

Grupo nº 1: Os mércores reúnense os alumnos de 1º e 2º ESO.
Grupo nº 2: Os xoves reúnense os alumnos de 3º ESO.