lunes, 18 de enero de 2016

O club de lectura únese ó "Proxecto Dragal", xunto co Equipo de Normalización Lingüística

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? 

Alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, serán @s dragaliñ@s que participen nesta mítica aventura por terras galegas.

Proxecto Dragal


Este proxecto interdisciplinar ten como obxectivo poñer en valor a lingua e a cultura galega entre os adolescentes partindo dunha historia fantástica que escribe Elena Gallego Abad.

O alumnado formará parte da Fraternidade do Dragón, e vai introducirse nun xogo de rol que terá lugar no Pico Sacro, durante unha viaxe ó fogar do dragón. Con esta saída didáctica estimamos o importante que é ofrecerlle ó alumnado moverse nun contexto real, familiar e mítico.

miércoles, 13 de enero de 2016

Algúns alumnos de 2º e 3º ESO atrévense novamente coa temática amorosa... da man de Jordi Sierra i Fabra

A protagonista desta historia escoita como as portas do psiquiátrico se cerran tras ela. Sabe que aínda está na corda frouxa, e necesita tempo para asimilar o que pasou, o que a levou a esa situación da que está comezando a sobrevivir. 



Óscar, Patricia, Aratz, Nuria, Nicoly e Jaiza, xunto coa profesora de castelán, Rosa, van gozar dunha fermosa historia de amor enmarcada polos sinsabores de tráxicos sucesos acontecidos ós dous protagonistas desta historia, Dora e Hilario.



The body in The Library by Agatha Christie

The body of a young woman is found in the library of Colonel and Mrs Bantry. Mrs Bantry immediately calls in her old friend, Miss Marple, to investigate the crime. The body is identified as a dancer, Ruby Keene, who had worked at a nearby hotel and was in no way connected to the Bantrys. It is also discovered that the young lady had attached herself to a rich old man and his family and that he had been planning to adopt her and leave her money in his will. Soon afterwards, the body of another young woman is found in a burned-out car...

A profesora de inglés, Mª José, xunto cos alumnos e alumnas de 4º ESO, gozará coa intriga latente nas páxinas desta novela.

a voltas co inglés...

Tralo éxito do primeiro trimestre, no que o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de fomentar a lectura na lingua francesa, nesta ocasión ditos alumnos inícianse na lectura e comentario dun libro en inglés.
A mysterious message propels a young man and his uncle on the adventure of a lifetime: to a prehistoric world below the earth where dinosaurs and other creatures roam. Verne's classic fantasy will enchant a new generation of readers. 


A profesora de Inglés, Luisa, será quen de adentrarse cos alumnos e alumnas de 1º ESO, na lectura deste libro de aventuras.

Despois do Nadal, comezamos coas seguintes lecturas...

Dans le Pacifique, un yacht, le Sloughi, est en perdition. A bord, quinze enfants de huit à quatorze ans. Pas un adulte avec eux; le bateau a rompu mystérieusement ses amarres dans un port de la Nouvelle-Zélande alors que les enfants s'apprêtaient à entreprendre une croisière, et que tout l'équi page se trouvait à terre. La tempête précipite le Sloughi sur des écueils et les enfants, non sans peine, arrivent sur une île déserte. Les longues « vacances » commencent... Pour subsister, les enfants n'ont rien, que leur courage : ils chassent, pêchent, inventent des pièges, dressent des animaux, cultivent. 

A profesora de Ciencias, Eugenia, guiará a lectura deste libro cos alumnos e alumnas de 3º ESO, os cales terán a oportunidade de amosar as súas impresións facendo uso do bilingüismo en francés e galego.