miércoles, 13 de enero de 2016

Algúns alumnos de 2º e 3º ESO atrévense novamente coa temática amorosa... da man de Jordi Sierra i Fabra

A protagonista desta historia escoita como as portas do psiquiátrico se cerran tras ela. Sabe que aínda está na corda frouxa, e necesita tempo para asimilar o que pasou, o que a levou a esa situación da que está comezando a sobrevivir. 



Óscar, Patricia, Aratz, Nuria, Nicoly e Jaiza, xunto coa profesora de castelán, Rosa, van gozar dunha fermosa historia de amor enmarcada polos sinsabores de tráxicos sucesos acontecidos ós dous protagonistas desta historia, Dora e Hilario.



No hay comentarios: