viernes, 27 de mayo de 2011



Acabamos de ler "Marina", de Ruíz Zafón...
E agora, cal leremos?



Decidimos comezar con "Rabia", un libro xa lido por moitas estrelas do libro...

A ver se vos gusta!




sábado, 21 de mayo de 2011

viernes, 4 de febrero de 2011

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS

Memorias de Idhún




Ya están en la biblioteca del IES de Cotobade la 2ª y 3ª partes de Memorias de Idhún. Así que cuando quieras, pásate por allí y llévate Tríada o Panteón, para poder seguir disfrutando de las sorprendentes aventuras de sus personajes...

jueves, 27 de enero de 2011

AS ESTRELAS DO LIBRO VAN DE CONTACONTOS…









Entre as diferentes novidades que hai este ano no noso club, contamos coa posta en marcha dun contacontos, que consiste no seguinte: un grupo de alumnas ensaian a lectura de varios contos, algún deles con escenificación e máscara incluida, para acudir ó CEIP de Tenorio, e máis á escola infantil A galiña azul, e contarlles ós máis novos historias tan educativas e divertidas coma “O gato lambón”, “Como cada mañá”, “Moncho e a mancha”, etc. Confiamos en que sexa unha experiencia moi positiva, que permita intercambiar experiencias entre alumnado de distintas idades.


CLUB DE LECTURA VIRTUAL

Este é o segundo ano de “As estrelas do libro”, o club de lectura do IES de Cotobade. Neste curso académico, Rosa puxo en marcha un novo proxecto para o club de lectura: “As estrelas do libro na Internet”, que consiste en crear outro grupo máis no club, pero neste caso os comentarios dos libros fanse soamente de xeito virtual, a través do blog, sen necesidade de asistir a sesións presenciais. Deste xeito, increméntase non só o número de membros, senón tamén o de lectores.
No blog pódese ver unha selección de libros recomendados para a nosa idade, ademáis de comentarios e valoracións doutros usuarios.
E se non tés Internet, ¡non hai problema!, pois poder acceder ó citado blog dende os ordenadores da biblioteca do centro. As ventaxas son que non te tés que quedar no recreo na biblioteca do centro e poder ler nos libros ó teu ritmo.
Anímovos a que vos apuntedes xa, que descubriredes un novo mundo sumerxíndovos nos libros.
María García Campañó (3º ESO)