viernes, 11 de septiembre de 2026

ESTAMOS DE VOLTA, ESTRELAS

📚💘 BUSCAS UNHA CITA... LITERARIA?

Gústache ler? Aínda non atopaches o libro que te enganche? 👀
Quizais aínda non coñeciches o teu tipo… de lectura.

Manga 🍥, fantasía 🐉, misterio 🔎, aventuras 🗺️, terror 👻, novela romántica 💘, cómic 💥, poesía ✒️, teatro 🎭…

Hai unha historia para cada persoa. E queremos atopar a túa.

🍥 O Club Manga xa fixo match e está en marcha 💥.
Pero buscamos lectores e lectoras para formar novos clubs segundo os vosos gustos.

👉 Apúntate! Déixanos:
nome + curso + o tipo de libros ou historias que che atraen.

Non fai falta ser un devoralibros 📚🐛. Aquí vimos descubrir historias, recomendar, comentar, rir, coñecer xente e pasar un bo anaco.

✨ Ti dinos que tipo de lectura che atrae.
Nós buscamos o teu match lector.

E quen sabe… igual desta sae unha relación para toda a vida. 📖❤️