O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
viernes, 28 de octubre de 2022
miércoles, 19 de octubre de 2022
Devoradores
As nosas estrelas máis veteranas non puideron coa intriga.
Despois de atoparse coa Mentira inexorablemente botáronse á Verdade.
Haberá que ir mercando exemplares de Medo? E de Ben?
Care Santos, fixéchela Boa!
ADVERTENCIA: O consumo de libros pode provocar adicción, causando o abandono de Tik Tok, Instagram, Snapchat, e outras polo estilo.