jueves, 17 de noviembre de 2016

Lectura e Cineforum

Os alumnos de 2º ESO están a ler esta pequena obra en inglés, e ó seu remate realizarase unha sesión de cineforum sobre Romeo e Xulieta, na biblioteca do instituto, o próximo mércores 23 de novembro ás 15.40 horas.
2º ESO
- día: xoves
- profesora: Patricia
- libro: Romeo and Juliet
Idioma: inglés

viernes, 21 de octubre de 2016

nova lectura no club

3º/4º ESO
- día: mércores
- profesora: Rosa
- libro: Sombras
- Autora: Marta Rivera de la Cruz
- Idioma: castelán

Unha inquietante novela de misterio, amor e poderes paranormais.

Valeria chega a Bline, unha pequena e idílica vila nas montañas, disposta a comezar unha nova vida. Sen embargo, Valeria axiña descobre que hai algo oscuro que os seus habitantes agochan...



lunes, 3 de octubre de 2016

PROFESORADO que modera o club

O profesorado que modera o club de lectura pertence a diversos departamentos didácticos:

* Victoria Carrera        Inglés
* Rosa García               Lengua castellana y literatura
* Patricia García          Relixión
* Esther Varela             Francés
* Carlos Morgade         Xeografía e historia
* Eugenia                       Bioloxía e xeoloxía
* Luisa                           Inglés
* Charo Pérez               Orientación

GRUPOS

1º ESO 
- día: luns
- Profesora: Charo 
- Libro: Escarlatina, a cociñeira defunta
-autora: Ledicia Costas

2º ESO
- día: xoves
- profesora: Patricia
- libro: Esmeraldina, a pequena defunta
- autora: Ledicia Costas

4º ESO
- día: mércores
- profesor: Carlos
- libro: O corrazón de Xúpiter
- Autora: Ledicia Costas

club debate... os luns

Algúns membros do club de lectura idearon a posta en marcha dun club de debate, onde se argumentase os pros e os contra dunha serie de temas de actualidade: a tauromaquia, deberes si/non nos centros educativos, etc.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

CURSO 2016/2017 POÑEMOS EN MARCHA O CLUB!!


DESPOIS DO ÉXITO DO CURSO ANTERIOR, imos seguir coa narrativa de LEDICIA COSTAS en tódolos grupos do club.



martes, 3 de mayo de 2016

J.D. Salinger reúne a profesores e alumnos nunha actividade que de seguro será exitosa!

Nicolás e Sara, dous alumnos de 4º ESO van participar nunha actividade de moderación no club. Consiste en que eles serán os que guíen a lectura e un grupo de profesores participarán a modo de alumnos. Por iso pedimos colaboración; aquel/a que estea interesado/a, deberá acudir á biblioteca este xoves 5 de maio na hora do recreo para a presentación da actividade.






lunes, 18 de abril de 2016

Proximamente... El rostro de la sombra


Tralo éxito de libros coma Dímelo con los ojos, Pasos de marionetas ou Los fantasmas del paraíso, os nosos lectores están ansiosos por ler El rostro de la sombra, lectura da que as estrelas máis veteranas xa teñen gozado en anos anteriores.

jueves, 14 de abril de 2016

Ímos de contacontos

O vindeiro 19 de abril o actor César Cambeiro visitaranos na biblioteca do IES de Cotobade para ofrecernos unha sesión de contacontos acerca do libro “Dragal. A Herdanza do dragón”.




A actividade está prevista para comezar ás 11.00 e terá unha duración de hora e media (ata as 12.35 aproximadamente).

Ledicia Costas...

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Os alumnos de 4º ESO, xunto co profesor de sociais, Carlos, están a gozar coa lectura desta novela.

O ilustrador Víctor Ribas, xunto con Ledicia costas.

7ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Os alumnos de 1º ESO están a ler esta obra. A próxima semana comezarán a falar dela, baixo a moderación de dúas estreliñas de 4º ESO (Alba Tajes e Nicolás). 

martes, 29 de marzo de 2016

A banda deseñada tamén atopa o seu oco no club...



 Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encarga ao xenial Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia. O que é unha mágoa é que non saia o arquitecto que firma os proxectos do constructor - haiche moito feísmo con firma -, ou xa postos, o propio Colexio de Arquitectos, que podería xustificar o que lle cobra ao cliente incluíndo no visado unha cláusula vinculante de idoneidade urbanística, confirmando que o proxecto cumpre a normativa vixente. 







Iñaki, o profesor de Matemáticas, decantouse por esta obra para acompañar ós alumnos de 2º e 3º ESO na lectura de banda deseñada.

Care Santos impacta con esta novela!

 Xenia lucha por sacar las mejores notas, impulsada por la ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente su rendimiento está bajando. Y es que Xenia se ha enamorado, aunque no de un chico de su entorno, sino de un fantasma, de una voz surgida de Internet con la que comparte su pasión por la lectura. Como Xenia es decidida y su amor virtual se niega a una cita, se propone sorprenderlo, de modo que inicia sus averiguaciones con los pocos datos de que dispone.
Y todo resulta ser falso, una mentira, ni la foto ni el nombre son reales. ¿Quién es en realidad su alma gemela? Arrepentida por el abandono de sus estudios confiesa todo a sus padres, segura de haber sido víctima de algún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado va a revelarle la identidad del muchacho con el que compartió sus más íntimas emociones. Proviene de la cárcel de menores y contiene la historia de un asesino.

En 3º ESO estamos a ler esta novela... ¿Como resultará de impactante esa mentira?

Da man de Jordi Sierra i Fabra... unha novela que nos emocionará!

En 4º ESO, da man de Cecilia e a súa nai, imos enfrontarnos a catro eixes temáticos de interese: o lesbianismo, a inseminación artificial, o cancro terminal e a obsesión compulsiva pola informática.

Rosa, a profesora de castelán, será quen de coordinar esta lectura.

En 1º ESO andamos a voltas con Paio e os seus conflictos...

Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola súa fichaxe.
O profesor de sociais, Carlos, é o encargado de guiar a lectura desta novela de aventuras.

miércoles, 16 de marzo de 2016

Visita o noso IES...

O club de lectura “As estrelas do libro” vai contar novamente coa presencia do escritor Alfredo Gómez Cerdá o luns 11 de abril. A actividade terá lugar de 12.30 a 13.30 na biblioteca do centro.
 

miércoles, 24 de febrero de 2016

ELENA GALLEGO ABAD

ELENA GALLEGO ABAD

 ESTARÁ NA  BIBLIOTECA DO IES DE COTOBADE O VINDEIRO VENRES 26 DE FEBREIRO CON TÓDOLOS PARTICIPANTES NO PROXECTO DO DRAGAL.

sábado, 13 de febrero de 2016

CREACIÓN PLÁSTICA E LITERARIA

OLA DRAGALIÑ@S!
CHEGOU O MOMENTO DE POÑER A FUNCIONAR O MAXÍN, NUNHA AVENTURA QUE SEN DÚBIDA VOS FARÁ PASAR BOS MOMENTOS.
QUE HAI QUE FACER? POIS É BEN SINXELO. HAI QUE SER O MÁIS ORIXINAL POSIBLE E, USANDO BEN A IMAXE, BEN A PALABRA, CREAR UNHA HISTORIA CUN DRAGÓN COMA PROTAGONISTA.

COMO A ACTIVIDADE CREADORA DEBE SER LIBRE, NON IMOS IMPOÑER NINGUNHA CONDICIÓN. SIMPLEMENTE DEBE AGROMAR A INVENTIVA E FLORECERÁ UNHA XENIAL HISTORIA. A EXTENSIÓN, A QUE VOS QUEIRADES; O XÉNERO, TANTO TEN QUE SEXA BANDA DESEÑADA, UN POEMA, UN CONTO, UNHA LENDA… CO QUE MELLOR VOS SINTADES!
ISO SÍ, SO HAI UNHA MATIZACIÓN, BUENO, EN REALIDADE, DÚAS.  A PRIMEIRA, QUE ESTEA ESCRITO NA NOSA LINGUA MATERNA, O GALEGO; E A SEGUNDA, QUE A DATA PARA ENTREGAR OS VOSOS TRABALLOS SEXA COMO MOI TARDE O LUNS 22 DE FEBREIRO.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTA AVENTURA DRAGALIANA.

AH! UNHA ÚLTIMA COUSIÑA… HABERÁ SORPRESA PARA OS TRABALLOS MÁIS LOGRADOS!

viernes, 12 de febrero de 2016

lunes, 18 de enero de 2016

O club de lectura únese ó "Proxecto Dragal", xunto co Equipo de Normalización Lingüística

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? 

Alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, serán @s dragaliñ@s que participen nesta mítica aventura por terras galegas.

Proxecto Dragal


Este proxecto interdisciplinar ten como obxectivo poñer en valor a lingua e a cultura galega entre os adolescentes partindo dunha historia fantástica que escribe Elena Gallego Abad.

O alumnado formará parte da Fraternidade do Dragón, e vai introducirse nun xogo de rol que terá lugar no Pico Sacro, durante unha viaxe ó fogar do dragón. Con esta saída didáctica estimamos o importante que é ofrecerlle ó alumnado moverse nun contexto real, familiar e mítico.

miércoles, 13 de enero de 2016

Algúns alumnos de 2º e 3º ESO atrévense novamente coa temática amorosa... da man de Jordi Sierra i Fabra

A protagonista desta historia escoita como as portas do psiquiátrico se cerran tras ela. Sabe que aínda está na corda frouxa, e necesita tempo para asimilar o que pasou, o que a levou a esa situación da que está comezando a sobrevivir. 



Óscar, Patricia, Aratz, Nuria, Nicoly e Jaiza, xunto coa profesora de castelán, Rosa, van gozar dunha fermosa historia de amor enmarcada polos sinsabores de tráxicos sucesos acontecidos ós dous protagonistas desta historia, Dora e Hilario.



The body in The Library by Agatha Christie

The body of a young woman is found in the library of Colonel and Mrs Bantry. Mrs Bantry immediately calls in her old friend, Miss Marple, to investigate the crime. The body is identified as a dancer, Ruby Keene, who had worked at a nearby hotel and was in no way connected to the Bantrys. It is also discovered that the young lady had attached herself to a rich old man and his family and that he had been planning to adopt her and leave her money in his will. Soon afterwards, the body of another young woman is found in a burned-out car...

A profesora de inglés, Mª José, xunto cos alumnos e alumnas de 4º ESO, gozará coa intriga latente nas páxinas desta novela.

a voltas co inglés...

Tralo éxito do primeiro trimestre, no que o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de fomentar a lectura na lingua francesa, nesta ocasión ditos alumnos inícianse na lectura e comentario dun libro en inglés.
A mysterious message propels a young man and his uncle on the adventure of a lifetime: to a prehistoric world below the earth where dinosaurs and other creatures roam. Verne's classic fantasy will enchant a new generation of readers. 


A profesora de Inglés, Luisa, será quen de adentrarse cos alumnos e alumnas de 1º ESO, na lectura deste libro de aventuras.

Despois do Nadal, comezamos coas seguintes lecturas...

Dans le Pacifique, un yacht, le Sloughi, est en perdition. A bord, quinze enfants de huit à quatorze ans. Pas un adulte avec eux; le bateau a rompu mystérieusement ses amarres dans un port de la Nouvelle-Zélande alors que les enfants s'apprêtaient à entreprendre une croisière, et que tout l'équi page se trouvait à terre. La tempête précipite le Sloughi sur des écueils et les enfants, non sans peine, arrivent sur une île déserte. Les longues « vacances » commencent... Pour subsister, les enfants n'ont rien, que leur courage : ils chassent, pêchent, inventent des pièges, dressent des animaux, cultivent. 

A profesora de Ciencias, Eugenia, guiará a lectura deste libro cos alumnos e alumnas de 3º ESO, os cales terán a oportunidade de amosar as súas impresións facendo uso do bilingüismo en francés e galego.