martes, 26 de septiembre de 2017

Comezamos o curso con novas lecturas...

Lygia Bojunga naceu en Brasil no 1932. Cando contaba oito anos a súa familia mudouse a Río de Janeiro e ós dazanove iniciou os estudios de Medicina. Sen embargo, ó mesmo tempo presentouse a unha audición para ingresar no teatro itinerante Duse e logrou o primeiro posto, o que lle fixo deixar os estudios e comezar a súa carreira como actriz. Despois traballou como redactora e guionista na radio e televisión, ademáis de adaptar e traducir pezas teatrais, antes de dedicarse por completo á literatura infantil a partir de 1972. En 1982 recibiu polo conxunto da súa obra o premio máis importante da literatura infantil e xuvenil: O premio Hans Christian Andersen, otorgado polo IBBY (International Board on Books for Young People). Foi a primeira vez que se concedeu a un escritor latinoamericano. En 2004 recibiu o premio Memorial Astrid Lindgren, tamén polo conxunto da súa obra.
Os seus traballos foron traducidos a máis de 12 idiomas. Unha das súas obras máis importantes é A casa da Madrinha, 1978. Outras son Cuerda floja (1979) y El sofá estampado (1980).

Zapatos de tacón conta a historia de Sabrina, unha nena que, abandonada pola súa nai ó nacer, crece nun orfanato e é contratada para traballar como niñeira na casa dos Gonzálvez. Alí  atópase co dramatismo da vida a través do acoso sexual do cabeza de
familia. Os tenros once años do personaxe non lle permiten percibir a extensión e a gravidade da situación, e sen embargo ela sofre todas as consecuencias.

Lectura para alumnos de 3º e 4º de ESO.
Rosa será a moderadora desta novela (traducida do portugués á lingua castelá), os venres, na hora do recreo.