sábado, 17 de marzo de 2012

"Cordelúa" é unha historia de amor, intriga e aventura que engancha ó lector desde
as súas páxinas iniciais. As historias paralelas fan que nos involucremos nas vidas
dos personaxes e percibamos os sentimentos que neles van nacendo.
É unha lectura amena, interesante e didáctica. Ó mesmo tempo que o lector
disfruta da lectura vai adquirindo sin saber coñecementos históricos.

5 comentarios:

Rosa dijo...

Imaxínate que ti foste elexido para participar nunha actividade similar á que
acoden Serxio e Gloria, ¿qué historia che gustaría representar?

Rosa dijo...

Aquí vos deixo algunha cita da novela para que reflexionedes. Elixide algunhas e comentádeas.

-“O Campeador, facendo gala dunha enorme xenerosidade, fixo contar o botín obtido e mandou ós seus quiñoneiros que repartiran a gañancia entre todos os hombres, tanto cabaleros coma peóns”.

-“Serxio tendeulle a man, cun sorriso, e no momento en que Gloria retirou as súas da cara e se cruzaron as súas miradas,sucedeu algo que a Quique e a Tina lles
pareceu moi estrano: durante uns segundos quedáronse quedos, coma conxelados; el coa man tendida e ela cos dedos aínda apoyados nas sens. (…) Pero o máis estrano sucedeu0 despois desa larga mirada: con absoluta seriedade, Serxio fincou un xeonllo fronte a Gloria, inclinou a cabeza e bicouna na man que ela lle tendera coma se o fixera a diario”.

-“Débome ó meu señor. Se el ten que abandoar Castela, o meu posto está ó seu lado”.

-“Os seus ollos pousáronse no emblema que fora o principio de todo e de súpeto comprendeu”.

-“Cando chegue o momento, moitos anos no futuro, haberá homes e mulleres do voso sangue. A través deles, se todo sae como eu espero e se Deus o permite,
poderedes alcanzala paz”.

Rosa dijo...

E agora veñen algunhas preguntas concretas. A ver se sabédela resposta. Non esquezades o que xa sabedes sobre a historia do Cid Campeador.

1) O protagonista chamado Sancho, cabaleiro de don Rodrigo Díaz de Vivar,
posúe un cabalo chamado Durán, ¿saberías dicir cómo se chamaba o cabalo do Cid?

2) Coñecendo a historia do Cid, ¿saberías explicalo significado da frase que di Sancho ó inicio da narración: “Un bo vasalo merece un bo señor”?

3) ¿Qué significa SIDI en lingua árabe? ¿A quen vai dirixido?

4) ¿Qué obxecto recibe o nome de Cordelúa?

5) ¿Qué é un cancereixo? ¿Por qué cres que o elixiu Gloria?

6) ¿En qué cidade se desenvolve a historia actual?

7) ¿Cómo morre Guiomar?

8)¿Cal é a historia de Laín ó separarse de Sancho?

9)¿Cómo descobre Tina onde está agochada Cordelúa?

10)¿Que inventa Bárbara para sacar a Serxio do mosteiro?

11) ¿Por qué está enterrada la espada na cova?

12)¿Recordas cómo se chamaba a espada de don Rodrigo?

13)“Todos parecían dormir ben, salvo Gloria, que se levantaba cunha forte dor de cintura que ía desaparecendo ó longo do día”. ¿Por qué crees que se produce
isto?

14)“Pero sí, o amor é fermoso. Aínda que non dure para sempre”. Despois de lela novela, ¿estás de acordo con estas palabras de Bernardino?

Irene dijo...

Aínda non acabei de ler o libro pero podo responder algunhas preguntas:
1)o cabalo do Cid chámase Babieca.
2)Supoño que Sancho pensa que el é un bo vasalo polo que cre que merece un bo señor.
3)Significa "señor" e vai dirixido ao Cid.
4)A espada de Sancho.
5)É unha árbore, penso que a elixiu porque sentía que lle era familar.
6)En Burgos.
12)Tiña dúas unha era Tizona e a outra Colada.
Este libro gústame moito polo que espero acabalo pronto para responder as demais preguntas.

Cristina dijo...

Acabo de acabar ahora el libro y aunque tarde mas que mis compañeras "Cordeluna"me gustó mucho,mas la parte del s.XXI que la de la epoca del Cid pero aun así lo recomiendo,si lees primero el Cid esa parte se entiendo mucho mejor,aunquue es mas aburrida.