domingo, 18 de noviembre de 2012

LUCÍA NOVAS... en Cotobade!


A neve nace nas altas montañas, nos mananciais
ennobelados, nos cumios esguíos.

A neve viaxa en tanques de crital, en vasos
de coiro, en vidros finísimos, en ánforas
de sede.

A neve é agasallo, té de chafarís, tenda
de folerpas.

A neve é caricia
neste tempo de conforto.


Este martes día 20 imos contar coa presencia da filóloga e poetisa Lucía Novas, para impartir un taller de poesía que seguro vos gustará. Actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega nun instituto de ensino secundario de Baiona. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. A súa última obra publicada, Neve.

1 comentario:

Rosa dijo...

Lucía, foi un pracer terte connosco e compartir contigo a experiencia poética. O alumnado quedou prendado da túa capacidade creadora, da túa facilidade para recitar de xeito tan suxerente... Parabéns!